O Muxía recibe o Camariñas e o Louro visita o Ponteceso na Liga da Costa.
Aquí tes a axenda de todo o que se vai xogar no fútbol senior de homes, mulleres e dos veteranos. Que non son completamente da costa : Preferente Norte, (na que só está o Sofán), e 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, (na que están o Dumbría, Esteirana, Baio, Fisterra e San Lorenzo). Completamente da costa : Liga da Costa e 3ª da Costa. Eso en Homes, ademáis das duas de veteranos, (División de Honra e 1ª Galicia). Logo en mulleres a 1ª Galega Feminina G1, ten o Xallas, Cee e Miúdas, e a 3ª División Galega Feminina G2, ten tódolos equipos costeiros menos 3.
Se non temos erros nas nosas táboas, tan só hai un encontro na tarde de sábado, o Sofán B-Corcubión da 3ª da Costa, o resto de encontros son todos mañán Domingo. O que sí hai moitos hoxe sábadpo no Fútbol Base da Costa.
Axenda do Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ
Se vedes que algún día de encontro ou horario está mal agradecemos que nos avisedes, xa que os collemos os xoves-venres da web da RFGF e as veces trocan algún xusto no mesmo día ainda que esté solicitado polo clube dende o martes. Contactos : admin@piratasdemuxia.es. Watsapp-Tlf : 626 72 00 47
Pronóstico do tempo
Tempo moi similar para sábado e Domingo. Vento forte do Nordés, (NE), que afectará especialmente aos campos abertos a este cadrante, que son maioría. O sábabo ademáis estará máis nubrado canto máis o norte, pero xeralmente en especial na mañán, solleiro e o Domingo un chisquiño menos na forza do vento soleado pola mañán e con nubrados pola tarde que nas derradeiras horas voltarán a clarear.
-Foto : Marina Busto
-Texto . Xosé Búa “Pirata”