AXENDA DE TODO O FÚTBOL SENIOR DA COSTA EN HOMES SENIOR E VETERANOS, E EN MULLERES SENIOR, PARA OS DÍAS 13-14 DE ABRIL DO 2024.

O medio día do Domingo hai todo un Muxía-Cee na Arliña.

 

Aquí tes a axenda de todo o que se vai xogar no fútbol senior de homes, mulleres e dos veteranos. Que non son completamente da costa :  Preferente Norte, (na que só está o Sofán), e 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, (na que están o Dumbría, Esteirana, Baio, Fisterra e San Lorenzo). Completamente da costa :  Liga da Costa e 3ª da Costa. Eso en homes, ademáis das duas de veteranos, (División de Honra e 1ª Galicia), nas que temos na 1ª Galicia a ida de semifinais polo ascenso a División de honra e nesta a penúltima xornada ca loita por evitar un posto de descenso que falta por decidir. Logo en mulleres na 1ª División Galega temos o Bergantiños, na 2ª Galega Feminina G1, están o Xallas, Cee e Miúdas, e na 3ª División Galega Feminina G2, son tódolos equipos costeiros menos 3 e deses tres un deles foi antigamente da costa, (Noia).

Se non temos erros nas nosas táboas, hai na xornada sabatina tan só 1 encontro, o Camariñas-Monte Louro da Liga da Costa. O resto de encontros, tanto en senior masculino, coma feminino e nos veteranos, son todos o Domingo. Destacar na mañán do Domingo na 1ª Galicia G2 o derbi Baio-Fisterra e na Liga da Costa o Muxía-Cee, ambos comezarán o mediodía.

O que sí hai sábado moitos encontros no Fútbol Base da Costa, e tamén moitos o Domingo :

Axenda do Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ

Se vedes que algún día de encontro ou horario está mal agradecemos que nos avisedes, xa que os collemos os xoves-venres da web da RFGF e as veces trocan algún xusto no mesmo día ainda que esté solicitado e confirmado polo clube dende o martes. Contactos : admin@piratasdemuxia.es. Watsapp-Tlf : 626 72 00 47

Pronóstico do tempo

Mañán sábado canto máis o norte intervalos de nubes e sol pola mañán con día solleiro a partires do medio día e que tenderá a nublarse contra a tarde. Vento insiñificante durante o día de dirección variable. Pola noite quedará do cadrante nordés. O Domingo nordés, (NE9, de pouca intensidade con nubes e sol, máis nubrado canto máis o norte. Nestes pronósticos tomamos como referenza os partes marítimos para a zona de Muxía, norte e sur da costa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

-Foto, montaxes e texto : Xosé Búa “Pirata”