Partidazo na Arliña antre o Muxía, (3º) e o lider, Castriz.
Aquí tes a axenda para esta fin de semana do 2 e 3 de Marzal con equipos da costa en categoría senior de homes, mulleres e dos veteranos. Referímonos a Preferente Norte, (na que só está o Sofán), 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, (na que están o Dumbría, Esteirana, Baio, Fisterra e San Lorenzo), na Liga da Costa e 3ª da Costa, (tódolos equipos costeiros). No que se refire ao fútbol feminino tan só hai dous encontros, son os dous que foron suspendidos polo temporal na pasada xornada da 3ª División Galega Feminina G2. Si hai actividade nas duas ligas de veteranos con equipos na sua totalidade da costa, (División de Honra e 1ª Galicia da Costa). Nesta xornada de sábado xogánse 3 encontros, un deles da Liga da Costa, outro da 3ª da Costa e 1 da 3ª Galega Feminina G2.
Axenda do Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ
Se vedes que algún día de encontro ou horario está mal agradecemos que nos avisedes, xa que os collemos os xoves-venres da web da RFGF e as veces trocan algún xusto no mesmo día ainda que esté solicitado polo clube dende o martes. Contactos : admin@piratasdemuxia.es. Watsapp-Tlf : 626 72 00 47
Pronóstico do tempo
O sábado o vento rolará de W a NW nas primeiras horas do día o que fará que haxa chuvias fortes, para logo xa dende as 10:00 horas quedar en chubascos e sol pola mañán e máis anubado con chubascos dispersos pola tarde. O Domingo a cousa pinta mellor pola mañán comezará anubado indo dando paso en torno a medio día o sol para pola tarde irse encapotando e con chubascos dispersos, máis canto máis o norte. O vento de en torno os 20 nos o sábado e por debaixo dos 17 o Domingo, o tratarse de NW afectará máis na costa e campos aberto a este cadrante, no resto será moito menos ou escaso.
-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”