ASÍ QUEDAN ENMARCADOS OS EQUIPOS FEMININOS DA COSTA NAS DIFERENTES LIGAS E GRUPOS.

Muxía e Fisterra estrearanse na competición.

 

A RFGF deu a coñecer a confección das ligas galegas femininas na que esta tempada teremos un nutrido grupo de equipos da costa ca creación de novos equipos.

Na 1ª División Galega Feminina temos ao Bergantiños FC,  unha liga con 16 equipos  que comezará o 17 de Setembro e rematará o 16 de Maio de 2024 tras 30 xornadas. Os 4 primeiros irán a Fase de Ascenso e haberá 3 descensos diretos.

Na 2ª División Galega Feminina temos 3 equipos costeiros, UC Cee, Xallas FC e ED As Miúdas, nunha liga con dous grupos de 16 equipos cada unha, que tras 30 xornadas ascenderán as que queden primeiras, promocionarán as segundas e terceiras e descenderán os 3 derradeiros equipos. A liga comezará o 24 de setembro e rematará o 19 de maio do 2024. Os equipos costeiros estarán no Grupo 1, o que abrangue a parte norte do noso pais.

O resto de equipos costeiros estarán na 3ª División Galega Feminina, que terá 4 grupos. As costeiras están no Grupo 2. UD Corcubión, Camariñas FC, UD Cerqueda, CF Mazaricos, Muxía CF, Ponteceso SD, Corme CF, SD Fisterra, CF Dumbría, Outes FC , Cabana SD e Bergantiñios FC B, xunto co SD Dubra, CF Nooia B e AD Nicrariense, compoñen este grupo, que podemos considerar sen lugar a dúbidas como Liga da Costa da 3ª División. Estes 16 equipos comezarán a competir o 24 de setembro e rematarán a liga regular o 19 de Maio do 2024 trala disputa de 30 xornadas, ascenderá direto o que quede campión e promocionarán as que queden segundas e terceiras.

-Foto : Marina Busto

-Texto : Xosé Búa “Pirata”