As camisetas para o RC Deportivo 2019/20
Filtráronse vía internet e a nova campaña da que vos falamos hoxe ten como figura a xogadora do equipo feminino Míriam, cunha camiseta de raias horizontais coma esta da foto, emulando a María Pita, o que apunta que quizais é unha filtración por parte de Macron ou de alguén, para dar a coñecer as novas camisetas antes de que o faga o clube.
A primeira equipación sería por primeira vez en 110 anos con raias horizontais, a “galega” troca cunhas bandas nos costados e a terceira sería a chamada “terra” pol verde do campo de batalla, en referenza o espíritu de María Pita.
De seguro que no trasncurso deste xoves saberemos a veracidade, pero todo apunta a que son estas.
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es