ANÁLISE DO QUE LLE VEN POR DIANTE OS EQUIPOS DA COSTA DA 1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO.

 

Aproveitando que esta fin de semana pasada non houbo competición por mor da Semana Santa e tendo en conta de que faltan 7 xornadas para o remate da 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, imos facer unha análise conxetural de como están os nosos, os equipos costeiros. Dos 5 equipos que temos como representantes da costa poderíamos dicir que 3 están co semáforo en verde, un con él en ambar, e un en vermello.

Son moitos 21 puntos os que quedan por disputar pero podemos dicir que dos que están en verde, (CF Dumbría, SD San Lorenzo e SD Fisterra), ningún ten probabilidades de meterse nun Play-Off que o marcan Puebla FC, (2º) e Cordeiro CF, (3º), ambos con 58 puntos a 6 do lider, SD Negreira, (son os que lle poden disputar o ascenso direto e o título). Promocionan o 2º e o 3º, e deses postos o equipo da costa que máis preto temos é o CF Dumbría, (7º), con 41 a 17 deses postos, por detrás dos dumbrieses ven o SD San Lorenzo, (8º), con 36 puntos, os memos que ten o SD Fisterra, (9º), pero por diante os de Verdillo por golaveraxe. Estes equipos a pouco que fagan nas xornadas que quedan salvarán a categoría, pois contan co descenso direto, que marca o SD Valiño, unha diferenza de 14 puntos os de Dumbría, e 9 os verdilleses e fisterráns.

Na “Zona ambar” do noso semáforo ficticio, está a SCDR Esteirana, (13º), que suma 32 puntos, 4 menos ca Fisterra e San Lorenzo, pero con só 5 de ventaxe co descenso direto. Os esteiráns terán unhas duras 7 xornadas e sempre mirando o que fagan SD Valiño, antepenúltimo a eses 5 puntos, e o Sport Team Estrada, penúltimo a 6 puntos dos esteiráns. 

O que de verdade ten que tomarse cada encontro coma se fose unha final é o CD Baio, (15º), a 2 puntos do descenso direto cos seus 29 acadados . Os baieses que ocupan posto de posible arrastre, teñen perdido o golaveraxe qo Sport Team Estrada e empatado co SD Valiño, co que no particular os valiñeses teñen -24 e os baiseses -19, polo que terán que ter tamén este apartado en conta.

Os baieses teñen nas vindeiras 3 xornadas tres derbis, contra o Dumbría no Conco, (na primeira volta 0-0), contra Fisterra na seguinte no Platas Reinoso, (na primeira volta gañaron os baieses 0-1), e contra San Lorenzo na 30ª xornada no As Pedreiras, (na primeira volta gañou o Baioo 2-0). Non se lle deron mal os derbis aos baieses, que ademáis de non perder con dumbrieses, fisterráns e verdilleses, derrotaron a Esteirana nos dous que xogaron.  Baixan 3 diretos e unha das prazas xa está collida polo SD Cruces que suma 2 puntos en 27 encontros disputados. As outras duas prazas hai un total de 6 equipos que dependendo do que fallen poderían estar na loita e iso sempre que o Estrada e Valiño, lles de por gañar un par de encontros seguidos e o resto falle.

O Baio non terá nas derradeiras 7 xornadas enfrontamento direto nin con Valiño, nin co Estrada, pero sí que tralos 3 derbis seguidos recibe o colista Cruces. A Esteirana visita na 31ª xornada o Valiño e recibe na penúltima, (33ª) o Estrada, (os dous equipos que agora mesmo están en descenso). Os esteiráns tamén teñen enfrontamento direto co Agolada, (29ª xda), Praiña, (30ª ), e Bertamiráns, (32ª), equipos que están na loita pola permanenza, o que pode beneficiar diretamente a eles e indiretamente ao Baio.

No que se refire aos decenso a Preferente Norte, agora mesmo non hai ningún da zona implicado, e da Costa o SD Sofán vai 8º con 39 puntos a 13 do descenso direto.

Son todo conxeturas, quedan por diante 7 semanas de finais e cálculos tras cada encontro, pero ainda hai vida para os 5 equipos da costa.

 

ASÍ ESTÁ A LIGA POR ABAIXO

11º Bertamiráns : 34 puntos

12º Praiña : 33 

13º Esteirana : 32

14º Agolada : 30

15º Baio : 29

16º Valiño : 27

17º Estrada : 26

18º Cruces : 2

 

VINDEIRA XORNADA

(Horarios oficiosos, non oficiais)

-Foto montaxes e texto : Xosé Búa Pirata”