ANÁLISE DIVISIÓN DE HONRA VETERANOS : “O SAN RAMÓN PODE SER ESTA SEMANA CAMPIÓN, E POR ABAIXO 4 PARA DOUS POSTOS DE DESCENSO”.

O Castriz precisa gañar contra o lider e o lider sumar para ser campión.

 

Antepenúltima xornada da División de Honra de Veteranos e tralo empate do lider ACD San Ramón ante o segundo, Sporting Zas, (1-1), na pasada xornada, xogada antes do parón da Semana Santa, no San Andrés, de Zas, un encontro no que de gañar os zacenses ainda lle darín unha prolongación a loita polo título pero non foi así. Agora ó lider só lle falla sumar un punto para proclamarse campión de liga. Calquer resultado positivo ante o SD Castriz o vindeiro Domingo chegaríalle para cantar o “Alirón” a falla de duas xornadas para o remate da liga regular.

O Sporting Zas depende de si mesmo para quedar subcampión e tan só o ACD San Román lle pode disputar este privilexio. Sobre o papel o Veteranos CF Dumbría tamén ten probabilidades pero terían que fallar os de rarriba, en especial o Zas que tería que perder dous dos 3 que quedan e non pasar do empate no outro.

Por onde está a cousa animada é por abaixo, na loita pola permanenza. Co Corxoesto practicamente descendido, xa que faltando 9 puntos por disputar ten a salvación a 8, polo que debería gañar os 3 encontros e que o Soneira SD, que marca a salvación, perdese os 3.  A loita real está antre Cabana SD, (23 puntos), Soneira SD, (21), SD Castriz, (19) e SD Oza, (17), cos xalleiros e ocenses en postos de descenso pero con opcións reais de coller a vimianceses ou cabaneses, estes últimos cun marxe de 4 puntos do descenso direto, polos 2 que teñen os vimianceses, e cun enfrontamente Soneira-Cabana este vindeiro Domingo, encontro clave para ambos equipos, e moito máis para os que están no descenso se eles gañan, ainda que o Castriz tamén o ten difícil, pois visita o lider que precisa sumar a lo menos un  punto para ser campión. Teno mellor o Oza que visita o colista.

 

CLASIFICACIÓN

San Ramón : 55 

Sp. Zas : 47

 San Román : 44

 Dumbría : 41

Razo : 39

 San Lorenzo : 38

 Coristanco : 34

 Ponteceso : 32

 Corme : 28

10º Cabana : 23

11º Soneira : 21

12º Castriz : 19

13º Oza : 17

14º Corcoesto : 13

 

Próxima xornada

Os horarios que poñemos nesta táboa da 25ª xornada son os oficiosos non os oficiais. Actualizaremos cando corresponda ca axenda de encontros.

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”