AMIGABLE : DEPOR 3-2 PONTEVEDRA : “OS BRANQUIAZUIS REMONTAN NUN CHOQUE COMA OS QUE SE VAN A ATOPAR NA LIGA”.

 

Depor 3-2 Pontevedra CF

O Depor remontou un choque do máis típico que se vai a atopar na loga. Un colexiado que ve penaltis onde non os hai, con mans insignificantes, pero que poden trocar totalmente o plantexamento dos adestradores, e o devir dos encontros.

Unhas mans, que polo menos, nas imaxes non se ven por ningures, e que protestaron moito os xogadores deportivisras, ais 3 minutos de xogo, dábannlle a ventaxe sos pontevedreses. Como debe ser nestes casos, pero non sempre é así, is deportivistas, pasaron páxina polo ar e buscaron a igualada, e puido chegar por medio de William de Camargo, Villars e Quiles, pero sería Camargo o que a cuarta ocasión, e tras un pase excelente de Quiles facía o 1-1. Antes do descanso o propio Camargo, asistía a Menudo para a remontada, ca que se chegaría o final dos primeiros 45 minutos.

Xa na segunda metade nada máis comezar, Frrol, pitaba outro penalti, “light” por mans, ainda que desta volta os xogadores pontevedreses aceptarin a decisión arbitralsen protestas. Miku executaba ben o lanzamento e poñóa o 3-1.

O choque estaba a ser controlado polos de Borja Jiménez, ata que acurtaba distanzas o clube granate cun tanto de Rubio, tras falta, non pitada, a Mackay. A partires do gol os do Lérez puxeron unha marcha máis, pero os deportivistas controlaron e ata desperdiciaron poñerse con 4-2.

Levou de novo 15 xogadores Borja Jiménez e só repetiron con respecto ao encontro do Carballiño de onte, Pablo Brea, Iván Guerrero e Juan Rodríguez, dos que só xogou, Guerrero. Debutaron co primeiro equipo o xuvenil campiín de España, Brais Val e o fabrilista, Dabo.

Depor : Mackay, Iván Guerrero, Lapeña, Jaime, Aguirre, Álex Bergantiños, Diego Villares, Quiles, Menudo (Brais Val, min. 70), William e Miku (Davo, min. 74).

Pontevedra CF : Cacharrón, Jacobo (Diego Seoane, min. 60), Churre, David Soto, Samu Araújo, Brais Abelenda (Fabio, min. 82), Javi Rey, Miguel Román (Romay, min. 46), Oier Calvillo (Martín Diz, min. 46), Rufo (Charles, min. 60) e Álex González (Alberto Rubio, min. 60).

Goles: 0-1 Oier Calvillo, de penalti (min. 4); 1-1 William (min. 21); 2-1 Menudo (min. 25); 3-1 Miku, de penalti (min. 51); 3-2 Alberto Rubio (min. 67).

Árbitro: Ferrol Muñiz (c. gallego). Cartóns amarelos a Jacobo (min. 7) e Samu Araújo (min. 41).

Incidencias: Derradeiro partido da pretempada 2021/22 do Depor, disputado no Campo de Vista Alegre (Órdes). Gran presenza de deportivista e unha pancarta no centro do campo na que se podía ler : RC Deportivo e SD Órdes : “Clubes vencellados”, pola cooaboración de ambos clubes, nun pobo deportivista.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies