AMAZÓN CONTA DENDE HOXE CUNHA TENDA ONLINE ESPECÍFICA DO RC DEPORTIVO.

 

O Real Club Deportivo e Amazon chegaron un acordo para que o xigante mundial de vendas online acolla unha tenda específica do Dépor.

Deste xeito, o deportivismo terá unha nova canle de compra a través de amazon.es. Os principais produtos do catálogo de vendas do Deportivo, encabezado polos equipamentos de xogo, ademais do merchandising máis demandado pola afección nas tendas físicas do Club, estarán moito máis preto de todos os clientes dunha das principais plataformas de venda do mundo, na que atoparán, ademais, un espazo outlet de produtos branquiazuis.

Con este novo paso increméntase a estreita vinculación entre os deportivistas de todo o mundo e o club a través das tendas oficiais do Dépor, presentes fisicamente na Coruña e online a través de deportienda.es e desde hoxe, tamén en amazon.es, unha das marcas máis coñecidas a nivel global.

A tenda do Dépor en Amazon xa está dispoñible en www.amazon.es/rcdeportivo.

 

-Foto-montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.