Roa na pretempada do ano pasado.
A SD fisterra que como saberedes parte de incio este ano na 3ª División no Subgrupo A do Grupo 1º, con : Fabril, Bergantiños CF, Silva SD, UD Paiosaco, Vista Alegre Estudantil, CSD Arzúa, CD As Pontes, UD Somozas, Viveiro CF, Racing Villalbés e Polvorín FC.
O equipo fisterrán anuncia de maneira “agridoce” a baixa dun dos seus capitáns, Roa. O clube “verdinegro” comenta nas suas redes sociais que : “Oh Capitán, mi capitán!! Hoxe temos que dar unha nova agridoce, agria porque toca despedilo noso capitán, un capitán que non pode navegar con nos estas augas da Terceira división,pero é tamen unha nova doce porque o motivo da marcha é por temas laborais. Moita sorte Roa”.
Pola sua banda a agrupación de siareiros do clube fisterrán, “Os Rapacollóns Big Band”, a máis prolífica de toda a Costa da Morte, despedía así o talentoso xogador : “Rodrigo Pérez Trillo, Roa, fillo de María de Cristovo e de Joaquín. Un nome que quedará ligado para sempre ó da S.D. Fisterra.Roa deixa o clube por motivos laborais e resulta complicado atopar unhas palabras que estean á altura da súa actitude todos estes anos ó servicio do clube. Un gran amigo co que disfrutamos de momentos irrepetibles, partícipe de tódolos éxitos recentes e membro fundador do que hoxe son os Rapacollón’s. En definitiva: Un de nós. Podíamos darlle as gracias enumerando os éxitos acadados, pero existen certos valores moito máis importantes que calquera título : Compañerismo, humildade, compromiso, discreción e sinceridade. Alá onde queira que vaia, esa será sempre a carta de prensentación de Rodrigo Pérez Trillo, Roa. O fillo de María de Cristovo e de Joaquín”.
Así será o sistema de cometición da 3ª División :
Primeira Fase : (Subgrupo A do Grupo 1º) : Fabril, Bergantiños CF, SD Fisterra, Silva SD, UD Paiosaco, Vista Alegre Estudantil, CSD Arzúa, CD As Pontes, UD Somozas, Viveiro CF, Racing Villalbés e Polvorín FC. O sistema será de liga a dobre volta.
Os 3 primeiros clasificados do subgrupo A pasan á Segunda Fase para Segunda División RFEF. Terán como rivais, a dobre volta, aos 3 primeiros do subgrupo B non podendo, en ningún caso, enfrontarse aos equipos que participaron no seu mesmo subgrupo da Fase Regular.
Os puntos obtidos, así como os goles, tanto a favor como en contra, arrastraranse á seguinte fase, comezado cada equipo a súa fase específica cos puntos e goles obtidos na Primeira Fase.
Os 2 primeiros clubs clasificados ascenderán directamente a Segunda División RFEF e os restantes participarán na Fase Final de Eliminatorias a Segunda División RFEF – Play Off de Ascenso a Segunda División RFEF.
Pola súa banda, os clasificados nos postos do 4º ao 6º na Primeira Fase accederán á Segunda Fase pola Fase Final para Segunda División RFEF – Play Off de Ascenso a Segunda División RFEF. Os equipos do subgrupo A enfrontaranse, a dobre volta, aos que participaron no subgrupo B non podendo, en ningún caso, enfrontarse aos equipos que participaron no seu mesmo subgrupo da Fase Regular.
Os 2 primeiros clasificaranse para disputar a Fase Final de Eliminatorias a Segunda División RFEF – Play Off de Ascenso a Segunda División RFEF. O sistema será de eliminatorias a partido único, exercendo de local o equipo con mellor clasificación. O club vencedor logrará o ascenso.
Os clubs restantes participarán na Terceira División RFEF na próxima temporada 2021- 22.
Finalmente, os clasificados do 7º ao último lugar na Primeira Fase accederán á Segunda Fase pola Permanencia en Terceira División RFEF. Os equipos que participaron no subgrupo A enfrontaranse, a dobre volta, cos do subgrupo B non podendo en ningún caso enfrontarse aos equipos que participaron no seu mesmo subgrupo da Fase Regular. Os 4 primeiros lograrán a permanencia e o resto caerá a categoría Autonómica.
-Texto e Foto : piratasdemuxia/FaceBook da SD Fisterra