A RFEF SEMPRE “MIRANDO POLA AFECCIÓN” : O ENCONTRO DE VOLTA DO PLAY-OFF EN CASTELLÓN DOMINGO 11 DE XUÑO ÁS 18:00 HORAS.

O “Nuevo Castalia” ten capacidade para 15.700 espectadores.

 

Son e somos moitos os que planeábamos ir a Castellón a animar o depor, pero se xa no encontro de ida o horario é o menos adecuado, (Domingo 4 ás 19:00 horas/17:00 GMT), ata para a xente maior e a que ten que traballar da mesma Galicia, igual e peor éo encontro decisivo que se xogará o Domingo 11 de Xuño ás 18:00 horas. Un logro máis desta patética RFEF a hora de pensar nos afeccionados, tanto dun coma do outro equipo, totalmente perxudicadas. E xa non digamos da hostalaría, tendas, hoteis, transportes, axencias de viaxes, etc…das cidades e dos pobos.

A Federación de Peñas Deportivistas unha vez máis e a pesares das trabas orgañizativas doutros, orgañiza unha viaxe en autobús, con palizón pero para que polo menos os que non teñan que traballar e queiran ir podan facelo, sempre tendo en conta o sacrificio que é. Un bo traballo máis da nosa Federación de Peñas, sempre axudando os deporitvistas.

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : CD Castellón