A PREVIA : DEPOR-NUMANCIA : “Exame de recuperación antre suspendidos”.

 

“Exame de recuperación antre suspendidos”

Depor, Numancia, Numancia. Depor, todo un refrexo un do outro. Dous equipos que viñan da 2ª División e que se viron abocados a ascender pola vía rápida, algo que lle pesou a ambos e aos que un tramo nefasto fixo que o arreón final non lles dese para entrar nos Play-Off de ascenso. Agora ambos buscan o mal menor, o dos suspensis, o de non baixar un curso máis e completar nun ano 3 descensos.

Encontro para evaluar o potencial de ambos e que deixará tocado ao que caia derrotado, habida conta de que ca vitoria do Ferrol ante o Marino de Luanco, (2-0), o que perda sairá dos postos de permanenza ou ascenso, como se queira chamar, a 2ª B Pro.

Non valen erros e os de Rubén de la Barrera deben recuperar a sua mellor versións e sumar os 3 puntos, nunha competición tan corta que tras esta só lle quedan 3 xornadas.

 

O ENCONTRO

Depor-Numancia

Hora : 19:00/17:00 GMT

Campo : Estadio de Riazor

Árbitro : Sergio Pérez Muley, (Colexio Madrileño)

Tv : TVG2

Internet : www.crtvg.es

 

O ÁRBITRO

Pérez Muley, árbitro con experienza na competición.

 

O veterano, Sergio Pérez Muley, é o colexiado que dirixirá o encontro de Riazor. Madrileño de 37 anos de idade, suma con esta a sua novena tempada na categoría de bronce, con 110 encontros dirixidos, dos que nesta dirixeu 8 encontros nos que amosou 41 cartóns amarelos, e 3 vermello, cunha media de 5´41 cartóns amarelos por encontro e 0,38 vermellos. Suma nos 9 anos na categoría, 625 cartóns amarelos e 35 vermellos, ca media por enriba dos 6 cartóns por choque. 

 

A LISTA DE CONVOCADOS

Rubén de la Barrera convocou a tódolos dispoñibles.

O técnico coruñés convocou aos 20 xogadores dispoñibles. Quedan fóra por lesión Borja Galán e Derik Osede.

 

AS MANIFESTACIÓNS

-Rubén de la Barrera :PREME AQUÍ.

-Miku : PREME AQUÍ

-Eneko Bóveda : PREME AQUÍ

 

-Fotos : piratasdemuxia/RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

-Foto árbitro : www.europasur.es