ROLDA DE PRENSA DE MIKU : “Os clubs grandes sempre teñen obrigación de gañar, e este non é para menos”.

 

Miku pasouse por rolda de prensa e dixo que o equipo está : “Conscientes de que a semana pasada non sumamos 3 pero iso non nos desanimou para acadar o obxetivo que temos diante e seguimos ca mesma ilusión e enchufado coma nas derradeiras xornadas”.

O venezolano tras ser preguntado por como é xogar cada dous por tres unha final : “Xogamos moitos partidos de gañar ou gañar e parece que o equipo sente cómodo nestas situacións. Os clubs grandes sempre teñen obrigación de gañar e este non é para menos. A grandeza diste club é o que representa…. Este ano, polo calendario e o formato déronse moitos encontros nesta tesitura e vin ao equipo preparado a nivel mental. Estou convencido de que o domingo, en casa e con máis xente, o equipo responderá”.

Tamén foi preguntado polo gol cantado que errou e que él mesmo se creou e pensou que ía dentro : “Cando fago o recorte o balón pica e vaise un pouco longo. A única forma de patear era cara a ese lado. Os compañeiros dixéronme que tiña que facela cruzado, pero non me daba o nocello para virar. Así que intento puntearla e foise por un centímetro. Dóeme porque se a metía, polo minuto que era, se que gañariamos o partido”.

Todo o que dixo telo premendo o vídeo.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto e Vídeo : RC Deportivo