A PREVIA : DEPOR-MARINO DE LUANCO : “DIFERENTE OBXETIVO…MESMO CHIP”.

 

“Diferente obxetivo…Mesmo chip”

Trala decepción por non acadar unha praza na Fase de Ascenso a 2ª División por un só punto, dos moitos que se deixaron pola popa nunha nefasta tempada, só queda seguir co mesmo chip co que se acabou a 1º Fase. O obxetivo agora é diferente, de loitar por optar ao ascenso a loitar por permanecer na 3ª categoría do fútbol estatal, chámenlle 1ª Federación, chámenlle 2ª B, chámenlle como queiran. Xa haberá tempo para tirarlle das orellas e “cortar” cabezas. Agora prima que o equipo sega a amosar o poderío das derradeiras xornadas e salvar dunha vez a permanenza.

En fronte o Marino de Luanco, un equipo que dirixe o ex deportivista Manel, que supleu a Oli, e que dende que él o colleu, pasou de colista a clasificarse para a fase de permanenza, amosando a sua fortaleza como local. Como visitante o equipo asturiano gañou 1 encontro, empatou 3 e perdeu 6.

 

O ENCONTRO

Depor-Marino de Luanco

Hora : 19:00/17:00 GMT

Campo : Estadio de Riazor

Árbitro : Manuel Pozuela Rodríguez, (Colexio Cántabro)

Tv : TVG2

Internet : www.crtvg.es

 

O ÁRBITRO

Manuel Pozueta, un xove colexiado con progresión.

 

O xoven, Manuel Pozueta Rodríguez, é o colexiado que dirixirá o encontro de Riazor. Santanderino de tan só 24 anos de idade e que suma con esta a sua cuarta tempada na categoría de bronce, con 43 encontros dirixidos, dos que nesta dirixeu 7 encontros nos que amosou 35 cartóns amarelos, e 2 vermello, cunha media de 5 cartóns amarelos por encontro e 0,29 vermellos. Por encontros dirixidos, veteranía non lle falla, e ata fixo de cuarto árbitro en algún encontro da Primeira División, pero os seus números denotan que é un colexiado dos que pronto disparan, pois suma nos 10 anos na categoría, 645 cartóns amarelos e 46 vermellos, ca media por enriba dos 6 cartóns por choque. 

 

A LISTA DE CONVOCADOS

Rubén de la Barrera convocou a tódolos dispoñibles.

No grupo está Héctor, que hoxe mesmo ao finalizar a sesión recibiu o visto e prace dos Servizos Médicos. Causan baixa Derik, lesionado; e Uche, sancionado por acumulación de amoestacións. 

 

AS MANIFESTACIÓNS

-Rubén de la Barrera :PREME AQUÍ.

-Lucho García : PREME AQUÍ

 

Horario e data 2ª xornada

A Unión Popular de Langreo comunicou á Real Federación Española de Fútbol o horario do partido correspondente á segunda xornada do Grupo 1D da Segunda División B na que os asturianos reciben na casa ao Dépor.

O encontro disputarase no “Novo Ganzábal” o domingo 11 de abril a partir das 17:00 horas, (15:00 GMT), coas cámaras de Footters en directo.

 

Aprazado o encontro do Deportivo Feminino

O partido correspondente á 25ª xornada de liga na Primera Iberdrola entre o Atlético de Madrid e o Deportivo ABANCA, previsto para mañá sábado 3 de abril ás 12:00 na Cidade Deportiva Wanda Alcalá de Henares foi aprazado por casos de COVID-19 no conxunto madrileño. O Xuíz de Competición da RFEF fixará agora unha nova data para a celebración do partido.

 

-Fotos : piratasdemuxia/RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

-Foto árbitro : www.leihoa.info