A CRÓNICA . FUENLABRADA 0-3 DEPOR : “TRUNFO INCONTESTABLE ANTE UN PROBE FUENLABRADA”.

Quiles fixo un “Hat-trick”.

 

 

Fuenlabrada 0-3 Depor

Era o encontro do morbo, e acabou sendo o da satiufacción deportivista. Cando saeu o calendario, era o encontro marcado en vermello e dél esperábase moito máis, por parte dos madrileños, pero foron unha sombra.

O equipo madrileño que tiña no seu feudo un fortín, no que gañara tódolos encontros menos un. Con xogadores veteranos da Primeira e Segunda División, non fixo máis ca especular co balón, e atrincheirarse en defensa. O Depor saeu a polo encontro e pronto Soriano dispuxo dunha gran ocasión. 

Con todo eso, o Fuenlabrada marcaba de libre directo, pero o gol éralle anulado por interferir un xogador dos seus diante da barreira deportivista, no intre do lanzamento. Norma que moitos non sabíamos, pero na que o colexiado, estivo brilante.

Pasada a media hora de xogo, Quiles disparaba de lonxe o ver o porteiro adiantado, xa o tentara pouco antes Soriano, o balón daba nun contrario, facía unha parábola e colábase por enriba do meta.

Voltaba a estar brilante o colexiado, cando expulsaba por dobre cartón a Diamé, por unha entrada moi fea e perigosa. 

A segunda metade coa superioridade deportivista, xa tivo unha soa cor. Non tardaba en facer o segundo Quiles, e xa mataba o choque. No minuto 57, Isi Gómez atopou a Quiles nun balón longo ás costas dos centrais locais que o onubense controlou marabillosamente para acabar definindo con mestría ante a saída de Dani Hernández.

Vinte minutos despois co encontro controlado, noutro balón longo similar ao do 0-2, pero de botas de Zalazar, atopou na mesma posición a Quiles, que volveu vencer a resistencia do porteiro local para completar o seu ‘hat-trick’. Cos seus tres tantos de hoxe, o pichichi do curso pasado suma 6 no que vai de temporada e tamén 6 nas últimas 6 xornadas.

CF Fuenlabrada: Dani Hernández, Iribas (Diego, min. 67), Sotillos, Juanma, Bolaño, Cubero, Diamé, Iban Salvador (Aguirre, min. 75), Cristóbal (Enzo Zidane, min. 67), Fer Ruiz (Javi Robles, min. 46) e Álex Alegría (Aleix, min. 75).

RC Deportivo: Mackay, Antoñito, Lapeña, Jaime, Raúl Carnero, Rubén Díez, Olabe (Zalazar, min. 75), Isi Gómez (Álex Bergantiños, min. 63), Quiles (Yeremay, min. 81), Svensson (Santamaría, min. 75) e Mario Soriano (Víctor Narro, min. 81).

Goles: 0-1 Quiles (min. 39); 0-2 Quiles (min. 57); 0-3 Quiles (min. 76).

Árbitro: Ruiz Álvarez (c. asturiano). Expulsou por dobre amarela ao local Diamé (min. 44). Cartón amarelo a Quiles (min. 8), Diamé (min. 13), Iribas (min. 59), Isi Gómez (min. 60) e Juanma (min. 90).

Incidencias: partido da 13ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio Fernando Torres de Fuenlabrada.

 

-Foto : RC Deportivo

-Vídeo : RFEF

-Texto : piratasdemuxia