A CRÓNICA : DEPOR 2-1 RACING DE SANTANDER : “DÍA DE DEBÚTS, SUFRIMENTO E GRORIA”

https://www.youtube.com/watch?v=tRv8USTFFeg

 

Depor 2-1 Racing de Santander

Era un día fatal para o fútbol pero a afección deportivista non fallou e a pesares de un día de fortes chuvias, vento, e nun encontro ás 7 da tarde, fatal para o fútbol e un feito máis do asquerosa que é a LFP, poñendo os encontros da copa na fin de semana e privando aos afeeccionados a ver os encontros de liga, (co que hai en xogo), no medio da semana e en horarios anti-afección. 

O Depor saeu forte e aos 2 minutos de xogo puido poñerse por diante en duas ocasións, pero unha xogada aillada facía que os cántabros se puxesen por diante e crecesen no encontro. Foisenos a cherepa o equipo santanderino, pero a Fernando Vázquez non lle tremeu o pulso e mandou o campo a Çolak en detrimento de Montero, pasando do 1-5-2-2-1 ao 1-4-4-2.

Foi sair o turko e nun saque de curruncho de Aketxe, Sabín Merino facía o empate cun testarazo incontestable. Naufragou uns minutos o equipo cántabro e puido chegar o segundo pero non sería así e no treito final da primeira metade igualábase o xogo. Çolak dende que saeu no 31, un minuto antes do gol, removeu o galiñeiro e comezou a trenzar xogadas, con apoios, desmarques, e a facer o que él sabe. Un xogador de Primeira que volveu tolos os visitantes. Saeu a sua vena de tensión e gañouse un cartón por entrar nun conato de trifulca. 

Xa na segunda metade o Depor volveu a sair forte e aos 3 minutos xa puxera o “ui”, nas gorxas dun deportivismo entregado. Tras unha xogada de dibuxos animados que acabou con lanzamento froxo, chegou a xogada do 2-1. Çolak, coceuna, púxoa no prato e comeuna él só, para facer un golazo, con consecuencias. Foi a celebralo ca hinchada e veu o segundo cartón ante o seu estupor, (en Turkía non sacan cartón por iso, o que non é disculpa).

Cun home menos, Fernando Vázquez pasou a un 1-5-4, buscando defender e sair a contra. Tocou traballar todos e sufrir e así foi ata o pitido final. Puido chegar o 3-1 por medio de Sabín Merino e Aketxe, pero tamén apareceron duas mans salvadoras, impresionantes, de Dani Giménez.

O final ledicia no campo e nas bancadas, por un trunfo máis e xa van 3 seguidos e co equipo a 1 punto dos postos de salvación e co golaveraxe gañado o Racing, (na primeira volta 1-1).

Foi tarde de debút : Fernando Vidal e o seu grupo de conselleiros no palco, César Augusto Lendoiro, invitado e voltando ao palco, Fernando Vázquez e Pombo no banco, e no campo, Sabín Merino(debut co equipo e na categoría), e Emre Çolak, ambos con gol incluido e ademáis debút da nova camiseta de raias verticais.

Agora espera Riazor por outro encontro, “outra final” como dí Fernando, será Domingo ás 16:00 horas ante o lider Cádiz, e de seguro que con máis ambente, habida conta de que os que traballaban poderán ir.

Mañán venres a partires das 10:30 horas en Abegondo presentación en rolda de prensa de Sabín Merino.

 

 

Depor: Dani Giménez, Bóveda, Mujaid, Somma, Montero (Emre Çolak, min. 31), Salva Ruiz, Peru Nolaskoain, Gaku Shibasaki, Aketxe, Sabin Merino (Vicente Gómez, min. 79) e Koné (Álex Bergantiños, min. 67).

Real Racing Club de Santander: Luca Zidane, Aitor Buñuel, Alexis (Nico Hidalgo, min. 82), Jordi Figueras, Abraham, Mario Ortiz, Sergio Ruiz (David Rodríguez, min. 72), Yoda, Álvaro Cejudo, Lombardo e Jon Ander (Papunashvili, min. 62).

Goles: 0-1 Álvaro Cejudo (min. 15); 1-1 Sabin Merino (min. 32); 2-1 Emre Çolak (min. 54).

Árbitro: Ávalos Barrera (c. catalán). Expulsou por dobre amarela a Emre Çolak (min. 54). Cartón amarelo a Somma (min. 22), Sabin Merino (min. 50), Emre Çolak (min. 50), Yoda (min. 51), Koné (min. 58) e Bóveda (min. 90+1).

Incidencias: partido da 23ª xornada da 2ª División Española de Fútbol disputado no Estadio de Riazor ante 19.053 espectadores.

MANIFESTACIÓNS

 

-Foto e vídeos : RC DeportivoTexto
-Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.