A CRÓNICA : DÉPOR 2-1 CALAHORRA : “SE NESTE HOUBO QUE SUFRIR E GAÑOUSE, NOS 3 ANTERIORES NON SE MERECEU PERDER”.

Quiles fixo o gol da insistencia ante o meta rival.

 

Dépor 2-1 CD Calahorra

Saeu respondón o equipo de Calahorra e foi o que creou perigo na primeira metade na que o primeiro tiro a porta dos deportivistas chegou no 33 por medio de Miku, cun disparo floxo as mans do meta rival. Bergantiños no 41 tivo a mellor do encontro cun remate de testa no segundo pau a saida dun saque de curruncho, no que fixo lucirse o meta visitante.

Na segunda metade Borja Jiménez deu entrada a De Camargo no extremo esquerdo e xa o Calahorra comezou a sufrir por esa banda, na que estaba un desaparecido Menudo. Sen extremos o Dépor non creaba perigo por fora, cousa que trocou na segunda metade. Non así pola esquerda, na que Trilli perdeu moitos balóns e Quiles, que facía de falso interior, non aparecía con perigo. 

Tampouco o medio campo con Villares e Álex Bergantiños, (que cumpleu 300 encontros ca branquiazul), trocou o panorama ca entrada de Calavera por Villares, e foise facendo dono do xogo. Lapeña repetía contra o Calahorra tras un saque de falta de Aguirre e remataba a gol no área pequena. A raiz do gol o encontro quedou controlado pola escadra deportivista e chegou a xogada “tontsa” do choque, unha cesión atrás dos calaburrianos era seguido por Quiles, que lle roubaba a carteira o meta e marcaba o 2-0.

Xa dono total do encontro co mazazo do segundo tanto para os visitantes e chegou nunha xogada sen complicacións, centro dende a liña de banda de Tribuna e no segundo pau, Aguirre defendía mal e chegaba o 2-1 e os nervos.

Non se descompuxo o equipo deportivista e ainda puido facer o terceiro con dous claros disparos a porta.

Fallou o técnico en xogar sen extremos, e o equipo en que se perderon moitos balóns doados, así como moito xogo horizontal, ata a chegada do gol. Foi clave ese primeiro gol, tralo que mellorou a presión e o xogo vertical.

Mención especial o colexiado que abusou pitando “faltitas” e a facilidade ca que lle amosou na primeira metade cartóns amarelos a Villares e Menudo, e non tivo a mesma vara de medir en faltas dos visitantes cortando xogadas de ataque.

Dépor : Mackay, Trilli, Lapeña, (Granero), Jaime, Aguirre, Bergantiños, Villares, (Calavera), Soriano, (Rafa de Vicente), Menudo, (De Camargo), Quiles, é Miku, (Noel).

Goles : 1-0, Lapeña, (61´); 2-0, Quiles, (66´); 2-1, Carlos Vicente, (87´).

Incidencias : Encontro da 24ª xornada con 10.578 afeccionados en Riazor. Bergantiños cumpleu 300 encontros como deportivista.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia