CRÓNICAS DA 15ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “10 GOLES NO SEAIA-AMEIXENDA, (4-6), E VITORIA DO LIDER PORTEÑO EN LAXE NOS ENCONTROS DOMINICAIS E VITORIAS DE CORCUBIÓN, XALLAS E CASTRELO NOS SABATINOS”.

3ª DA COSTA

Importante trunfo do Corcubión.

 

15ª Xornada

Sábado 12 de Febreiro 2022

SD Camelle 0-2 CF Castrelo

Hora : 16:30

Campo : “O Rodeiro”, (Camelle)

Colexiado : Jonathan Pardiñas Blanco. Amosoulle 2 cartóns amarelos a cada equipo.

O Castrelo acada a sua segunda vitoria a costa dun Camelle que contou con moitas baixas e ao que os paróns polos casos COVID-19 pola sua banda, ou a dos seus rivais, sentoulle mal. Os castrelenses adiantábanse aos 20 minutos de xogo por medio de Miguel e o encontro, no que puido pasar de todo, non se decantou definitivamente para os de Castrelo ata o desconto cando Gustavo facía o definitivo 0-2.

 

UD Corcubión 4-2 SD Oza

Hora : 16:30

Campo : “Novo Cubaleiro”, (Corcubión)

Colexiado : Óscar Santos Rodríguez. Amosoulle 1 cartón amarelo o equipo local, e 3 aos visitantes.

Encontro con moito en xogo e no que os ocenses podían poñer presión ao lider, CF Porteño, igualando a puntos, e no que os corcubioneses precisaban gañar para non descolgarse dos postios de ascenso. O equipo de Corcubión deixou solventado o encontro na primeira metade e comezo da segunda, para logo facer fútbol de contención e buscar algún roubo e contras. José Ramón adiantaba aos de Carlos Lema aos 4 minutos de xogo, para que pasado o cuarto de hora, Luis Lago abrira fenda no marcador, (17´). Iago Lema vía porta pero era en propia porta, e supoñia 0 2-1 que poñia aos ocenses no encontro, (2-9´), pero a reacción corcubionesa era rápida e Luis Lago facía 0 2-1, para irse o descanso con unha boa ventaxe, (38´), que César o rematar un saque de curruncho sacado por Luis aumentaba a volta de vestiarios, para finiquitar o choque. Nacho no 75 facía o definitivo 4-2.

 

Xallas FC “B” 3-1 Atlético Pereiriña FC

Hora : 20:00

Campo : “A Fontenla”, (Santa Comba)

Colexiado : David Vázquez Lema. Amosoulle 2 cartóns amarelos a cada equipo.

Encontro máis cómodo do que se esparaba para os xalleiros que deixaban o choque resolto na primeira metade e na primeira xogada do segundo. Rubén, (2´), e Ángel, (21´), deixaban as cousas moi encarriladas no primeiro periodo, para que Sergio, ao tranformar un penalti, nada máis reiniciarse o choque tralo descanso, (46´), facía o 3-0, que lle deixaba pouco marxe de puntuar aos da Pereiriña. Senlle no 73´facía o gol da honra para os ceenses.

 

 

Encontros para hoxe Domingo

Sporting Seaia 4-6 SD Ameixenda

Hora : 16:30

Campo : “Pedra Queimada”, (Malpica)

Colexiado : Esteban Domínguez Lado. Amosoulle 2 cartóns ao equipo da Ameixenda.

Inundación de goles no Pedra Qwueimada de Malpica, no que os da Ameixenda se chegaron a poñer 1-5 a hora de envontro, con goles de Jozé, que tranformaba un pernalti, Castreje, Saulo, e Iván, na primeira metade, na que José Suárez facía o 1-3, para os locais, rematando esta con 1-4. A hora de xogo Alexis facía o 1-5, acurtaba 5 minutos despois de penalti, Sergio Cancela, e xa no treito final, Luis facía 0 2-6, e Sergio Cancela con dous tantos, completando un 2Hat-trick”, poñía o incrible o definitivo 3-4, (81´e 87´), 4.6, algo incrible dado a climatoloxía adversa.

 

SD Laxe 1-3 CF Porteño

Hora : 16:30

Campo : “Cabo d´area”, (Laxe)

Colexiado : Luis M. Insua Lago. Amosoulle 3 cartóns aos locais e 2 aos visitantes.

Non podía fallar o equipo dos da Ponte do Porto, para abrir fenda cos datrás, tralos resultados do sábado, e así o fixo. Adiantáronse os laxenses a media hora de xogo cun tanto de Sergio Blanco, pero non daba pé a nada o equipo porteño que empataba por medio de Ángel, 2 minutos despois e remontaba, 6 despois cun gol de Marcos. Martín pasada a hora de xogo facía o definitivo 1-3.

 

CLASIFICACIÓN

 

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia