ROLDA DE PRENSA DE DIEGO VILLARES : “PÍDOLLE OS REIS O ASCENSO E SE PODE SER NA PRIMEIRA POSICIÓN, MELLOR”.

 

Diego Villares pasou por rolda de prensa e confesou que se, “están extremando as precaucións”, sobre as medidas de prevención polo COVID-19, e sobre a sua renovación reiterou unha vez máis, que, “chegará tarde ou cedo…non será agasallo de Reis, pero faltan pequenos flecos”.

Afirmou que non ten problema de xogar con dobre pivote e que a pesares de participar algo menos, “hai que saber adpatarse”, porque, “hai momentos mellores e peores”.

Sobre Álvaro Rey : “Puiden ver nas redes sociais que se vai a confirmar en breve”, e dixo non coñecelo, “un pouco de cando estivo no Racing”.

Sobre o Talavera e o calendario rocambolesco de Xaneiro dixo que : “Podemos dar un paso con ese encontro ante o Racing e os encontros tan seguidos, o parón é un pouco raro”, e o Talavera, “esperamos un equipo que tratará de ter o balón, coma nós, e teremos que impoñernos”. Tamén fixo a sua petición os Reis, “que ascendamos e se pode ser nesa primeira posición mellor”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia