O DEPORTIVO FEMININO PÁSALLE POR ENRIBA O LIDER PARA REMATAR O ANO COMO LIDER, (3-0).

 

Deportivo Feminino 3-0 FC Levante Las Planas

Tras unha primeira metade de calidade técnica con moito xogo no medio do campo e sen concesións, pasouse a unha segunda na que as rapazas de Miguel Llorente destaparon o tarro das esencias futbolísticas e fixeron 3 goles ante a que ata hoxe era o equipo que lideraba a competición, e puideron ser máis. 

Ainhoa Marín, en duas ocasión, e no desconto, Jone Ibáñez, fixeron vibrar aos/as máis de 300 deportivistas que se desprazaron a Abegondo, para disfrutar de un auténtico partidazo. 

Con este trunfo, (10º en 12 2ncontros), o Deportivo Feminino acaba o ano liderando a liga con 31 puntos, un máis co seu rival de hoxe.

Deportivo ABANCA: Ana Valles, Cris, Inés Altamira, Raquel García, Andrea Sierra, Paula Gutiérrez, Jone Ibáñez, Ainhoa Marín, Carlota (Laura Fernández, min. 77), María Ruiz (Alejandra Serrano, min. 89) e Aroa Guerra (Eva Dios, min. 67).

FC Levante Las Planas: Sara Ezquerro, Parera, Yasmin, Julia Mora, Esther Solà (Montse, min. 57), Letti, Julve, Nuria Garrote (Yosse, min. 63), Alberola (Olguita, min. 83), Irina e Mellado.

Goles: 1-0 Ainhoa Marín (min. 75); 2-0 Ainhoa Marín (min. 81); 3-0 Jone Ibáñez (min. 90+2).

Árbitro: Crespo Rodríguez (Comité Galego). Cartón amarelo a Nuria Garrote (min. 13), Andrea Sierra (min. 40), Yasmin (min. 41), Julia Mora (min. 45+1) e María Ruiz (min. 67).

Incidencias: partido da 12ª xornada de Reto Iberdrola disputado na Cidade Deportiva de Abegondo ante 300 espectadores.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia