Coa Fase de Ascenso e de Play-Off xa rematadas, agora queda a Fase de Permanenza na que a SD Fisterra que dende a chegada o banquillo do tandem, Cabrejo-Purrúa reviveu, xoga hoxe un encontro de vital importancia ante o Ourense CF, na sua loita por meterse antre os 4 primeiros que dan a opción de repetir o ano que ven na 3ª División Nacional. O choque xogarase no campo ourensan de “O Couto” dende ás 19:00 horas, ca arbitraxe de Luis Lois Carro, con Ismael González e Javier Pérez nas bandas.
O outro equipo da nosa zona en liza, o UD Paiosaco, xogará mañán Domingo no “Cabalagueiro” de O Barco, ante o equipo local a partires das 17:30 horas, coa arbitraxe de Óscar Martínez Santos, con Alexandre García e Amine Alaoui nas bandas.
FASE DE PERMANENCIA GRUPO E
(7ª Xornada)
Domingo 16/05/2021
Ourense CF – SD Fisterra, Sábado 15/05, ás 19:00 horas
CD Pontellas – CSD Arzúa, ás 12:00 horas
UD Atios – Viveiro CF, ás 18:00 horas
UD Ourense – Agrupación Estudiantil, ás 16:30 horas
CD Ribadumia – CD As Pontes, ás 18:00 horas
CD Barco – UD Paiosaco, ás 17:30 horas
-Foto e Texto : piratasdemuxia