A chuvia caeu con virulencia na segunda metade.
SD Camelle 2-2 SD Laxe
Encontro disputado nun”Rodeiro” que comezou en mal estado e que acabou en peor estado, pois se xa estaba lamento na zona media, quedou peor tras un intenso chubasco na segunbda metade.
Demasiados goles para un encontro con moita loita e sufrimento dos dous equipos e no que os camelláns chegaban con 15 xogadors, 3 deles porteiros, por mor das baixas por lesións e por sancións, e no primeiro cuarto de hora perdían a Ruso por un pinchazo na cóxega, e asimesmo os laxenses chegaban con baixas, en especial a do goleador Zurich, tras un golpe no costado na pasada xornada.
Adiantouse o equipo laxense o fío do descanso tras un gol con centro dende a banda esquerda que Adrián mandaba ao fondo das mallas, tras unha indecisión na saida de Calipo. O centro chegaba en fora de xogo, moi difícil de ver para o baiés, Manuel Espasandín. O encontro íase así o descanso.
Tirou de garra o equipo camellán e nunha recuperación Huchiño centraba dende a banda dereita de maneira contundente para que Vieites empuxase no segundo pau. Non tardou en empatar o equipo laxense, que tras unha xogada na que os camelláns reclamaban penalti, Huchiño facía falta na banda, con cartón amarelo acompañado, que era o segundo e tiña que abandoar o terreo de xogo. Trala falta chegaba o tanto do goelador Santi Casas, que poñía por diante aos laxenses.
Tiña ben controlado o estado do campo o equipo laxense que mandaba balóns longos e buscaba o gol da sentenza en xogadas a balón parado, pero a pesares de esta en inferioridade durante media hora o equipo camellán, sacou casta e conseguía empatar, tras un centro excelente de Santi “Maka” dende a dereita, que Vieites, non tiña máis que empuxar.
Ata o final a vitoria puido chegar de calquera das bandas. Meritorias duas paradas do gardameta laxense Eloy a bocaxarro e varios saques de curuncho nos que o Laxe puido levarse o choque.
O final xusto reparto de puntos nun choque de moita loita física e tralo paso polas duchas o clube camellán agasallou aos seus e ao equipo visitante cunha “raxada”, que fixo que a tarde se alongase no “Rodeiro”.
Durante a semana unha escolma de fotos deste encontro.
FICHA TÉCNICA
Durante a semana unha escolma de fotos deste encontro.
Tralo choque o clube camellán agasallou aos seus e aos visitantes cunha “raxada” na cantina do “Rodeiro”.
3ª DA COSTA
30/11/2019
Castrelo 1-1 Camariñas
Camelle 2-2 Laxe
01/12/2019
Monte Louro-Seaia : ás 16:00 horas
Corcubión-Porteño : ás 16:00 horas
Nantón-Ameixenda : ás 16:00 horas
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.