1ª GALICIA G2, (Crónicas 20ª Xda) : “SÓ O CF DUMBRÍA QUE SUBE A 2ª PRAZA SUMA DE 3 DE TÓDOLOS EQUIPOS COSTEIROS”.

CRÓNICAS

-20ª Xornada-

 

SD Tordoia 0-3 CF Dumbría

Dani Calvete, (Adestrador do SD Tordoia) : “Partido igualado, donde o Dumbría levou a iniciativa, e nos esperábamos para sair a contra. Dous regalos nos dous primeiros goles sentenciáronnos”.

Pablo Conde , (Adestrador do CF Dumbría) : “A primeira parte nosa, foi bastante boa en canto a xogo, pero non en canto a posibilidades de gol. Faltábanos bastante profundidade, pero tamén tiñamos bastante controlado o xogo. Tivemos un par de chegadas con un pouco de perigo pero pouco máis, e eles casi se adiantan nunha boa xogada no minuto 45. Na segunda metade, no minuto 2 marcamos tras un erro do porteiro nun lanzamento de Darío. A partir de ahí o partido decantouse bastante para o noso lado. O Tordoia no estaba cómodo e nós tiñamos o control do xogo. No 70, tras un roubo na saída deles Diego pon o 2-0, e no 85 o propio Diego fai o terceiro de cabeza. En xeral, creo que foi un bo partido noso, pero que evidentemente se pon de cara co primeiro gol”.

Goles : 0-1, Darío Capelo, (47´); 0-2, Diego, (71); 0-3, Diego, (86´).

 

Cordeiro CF 0-0 Volantes de Baño CF

Gabriel Lago, (2º Adestrador do Volantes de Baño CF) : “Chegabamos con importantes e numerosas baixas como Jano, Charles, Thiago ou Pesco e sólo con 14 xogadores. Estivemos moi ben plantados todo partido e creando moitas contras na primeira parte tendo hasta 3 mans mans de Berto e Rubén que entre o pau e o porteiro desbaratarían. Eles tuveron un tiro o pau, a única ocasión clara en todo partido. Na segunda non tuvemos tantas chegadas e ocasións, eles tampouco e así acabaría en empate. Punto importante, temos 3 máis que na primeira volta a estas alturas, o grupo está máis unido e traballador que nunca e da gusto entrenar e competir independientemente dos resultados”.

Volantes de Baño CF : Bugy, Amoedo, Chúa, Godo, Rachón, Kevin, Oliver, Ángel, Parde, Rubén e Berto. Tamén xogaron : Cajulo e Abel.

Goles : 0-0

 

SD Soneira 2-3 Val do Ulla UD

Pedro Gómez, (Adestrador do SD Soneira) : “Partido que se pon pronto de cara co gol de Basti no minuto 1. Pero tralo gol, o Val do Ulla dálle a volta ó marcador, e nós, con moitas presas e mais corazón que cabeza non poidemos revertir o resultado. Na segunda metade outro gol de Basti poñía ó 2-2, pero ó pouco o Val do Ulla conseguía o definitivo 2-3. De aí ó final tivemos algunha ocasión por medio de Richi, Javi ou Diego, e o Val do Ulla varias contras para sentenciar, pero o marcador xa non se movería”.

Goles : 1-0, Basti, (1´); 1-1, Jacobo, (6´); 1-2, Miguel, (19´); 2-2, Basti, (70´); 2-3, Miguel, (72´).

 

 

Mal encontro do CF Mazaricos.

 

SD Piloño 4-1 CF Mazaricos

Chicho, (Adestrador do CF Mazaricos) : “O peor partido da temporada. Salimos cun 352 para buscar amplitud e resguardarnos cunha línea de 5 o balón directo. Desde o minuto 1 faltounos velocidad, a toma de decisións sempre foi mala, e a intensidad menor co rival.  O 1-0 ven despois dun balón que metemos no campo por non conceder un saque de banda e que eles aprobeitan para materializar desde fora da área. Tivemos despois do gol 10 min de reacción… Con 2 de Barbeira e unha falta de Raúl CHUMIKO o pau… Pero nada máis lexos da realidad. Tras o enésimo fallo na salida concedemos outro corner no que concedemos o 2-0 o fio do descanso tras un fallo garrafal nas marcas. No 2º tempo salimos coa consigna de apretar os dentes e ser competitivos, pero as primeiras de cambio outro erro na salida propicia unha falta o borde da área que eles apribeitan para facer o 3-0 e matar o partido…Desde aí andivemos “zombies” polo campo máis esperando o final…Cambiamos a ver si podemos recortar o marcador e facémolo cun penalti que provoca Kevin e Barbeira transforma… Pero xa, nada de profundidade, nada de bagaxe ofensivo. Nunha contra marcan en claro fora de xogo o 4°…E para colmo Fedello e expulsado por protestar por dobre amarela. Toca mirar para Agolada, olvidar o mal partido de hoxe, e xuntar forzas para remar todos na mesma dirección”.

Goles : 1-0, Diego, (10´); 2-0, Diego, (43´); 3-0, Pablo, (50´); 3-1, Barbeira, (85´ de penalti); 4-1, Víctor, (90´).

CF Mazaricos : Daniel, Manuel, Maroñas, Mario, Ricardo, Barbeira, Isma Pedrosa, Estéfano, Adrián, Francisco, e Raúl. Tamén xogaron : Kevin, Yago osil, Joseph e Carreira.

Incidencias : O colexiado Diego Otero expulsou o meta do CF Mazaricos, Diego Varela con dobre cartón, (90´e 90´).

 

Praiña Sporting Club 1-0 CD Baio

Bruno, (Delegado do CD Baio) : “Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aquí”.

CD Baio : Diego, Norberto, Martín “MC”, Bieito, Braian, Santiso, Iván Rodríguez, Iván García, Adrián, Javier e Yago. Tamén xogaron : José Carlos, Pablo e Alejandro.

Goles : 1-0, Adrián, (67´).

 

CLASIFICACIÓN 

CF Dumbría : 2º con 37 puntos

SD Soneira : 3º con 36

SD Tordoia : 9º con 28

CD Baio : 11º con 25

CF Mazaricos : 12º con 24

Volantes de Baño CF : 17º con 17

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

-Foto : 
-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.