Zona Mixta : William de Camargo : “O equipo xogou ben, xerou. Pode ser que un día entre o balón, outro día que non entre; pero o importante é que xeramos ocasións”.

 

William de Camargo, que xogou o partido desta tarde practicamente enteiro e levou unha gran ovación da bancada de ABANCA-RIAZOR ao ser substituído, pasouse pola sala de prensa nada máis concluír o encontro ante o Real Madrid Castilla, antepenúltimo amigable desta pretemporada.

O atacante brasileiro afirmou ante os medios de comunicación “atoparse ben. Aos poucos chegando ao meu nivel físico. Atopeime ben xunto co equipo en liñas xerais. Tivemos ocasións. Foi un bo partido”.

Subliña William que “o meu xogo é o de encarar, con atrevemento. É o que me pide o míster; é o que tento facer para axudar ao equipo. O meu xogo é ese e estou a me sentir ben”, conclúe.

Confesa que lle gusta entrar máis por banda esquerda: “Síntome mellor. Pódome meter cara a dentro ou cara a fóra; pero onde me poña o míster tentarei facelo o mellor posible”.

Advirte que “aínda estamos en adaptación aínda que non é escusa para nada. O equipo xogou ben, xerou. Pode ser que un día entre o balón, outro día que non entre; pero o importante é que xeramos ocasións”.

-Foto, Texto e Vídeo : rcdeportivo.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies