ZONA MIXTA/BERGANTIÑOS FC-DEPOR : IAN MACKAY : “O resultado é o de menos. O importante é a carga de traballo e seguir sumando minutos para a xente”.

 

Ian Mackay compareceu ante os medios de comunicación ao finalizar o choque ante o Bergantiños CF nas Eiroas.

A meta coruñés afirmou que “a ninguén lle gusta perder. O importante é cargar pernas e mirar para o primeiro partido de liga. Asino perder aquí e conseguir o ascenso, que é o importante”.

Recalca pois que “o resultado é o de menos. O importante é a carga de traballo e seguir sumando minutos para a xente, mellorando os conceptos que é o que nos fai falta para chegar en bo bloque ao primeiro partido de liga”.

Así mesmo, lembra Mackay que “somos moita xente nova, entón fai falta rodaxe de todos os compañeiros, coñecernos ben. É o terceiro partido de pretemporada. Minutos nas pernas para o obxectivo, chegar ao primeiro partido de liga ao máximo nivel”.

Tamén o feito de xogarse esta tarde en herba artificial vale como experiencia: “Hai tres campos con céspede sintético. Imos ter que competir neses campos. A quen lle guste xogar ao fútbol non lle agrada moito, bota diferente… Seguimos na mesma liña de sumar minutos e cargar pernas. Ao meu o que me importa é o primeiro partido de liga, Celta B en ABANCA-RIAZOR, cando hai que competir ao cento por cento”.

Finalmente, confesa que será “especial” volver a ABANCA-RIAZOR este domingo 8 de agosto ante a SD Ponferradina, co Trofeo Teresa Herrera en xogo: “Ademais ante un dos equipos que defendín a camiseta e conseguín un ascenso. É un partido especial no persoal e estou a desexar que chegue xa o domingo”.

-Foto, Vídeo e Texto : RC Deportivo