Álex Bergantiños e Adrián Lapeña foton os dous xogadores que pasaron pola Zona Mixta para valorar o que deu de si o encontro ante o Sanse.
Bergantiños antre outras cousas dixo que : “Dominamos como adoita ser máis ou menos habitual aquí en Riazor, ante un rival diferente ao de fai quince días. Eles xogan máis directos que a SD Logroñés. Tivémolo máis ou menos controlado e faltounos meter o segundo para acabar de pechar o partido. Estivemos sólidos, que non sufrimos en exceso ante os seus envíos directos, que niso si que eran poderosos. Contentos por non volver encaixar, por gañar en casa e reforza o bo traballo que estaba a facer o equipo. A pesar dos últimos resultados o nivel de rendemento estaba a ser positivo. A seguir, que se escapen poucos puntos aquí de Riazor”.
Pola sua banda, Lapeña, apuntou que : “Aquí en Riazor xogamos con trece. Nótase moitísimo os ánimos que nos dan e durante todo o partido véselles animando, vénselles as caras, a emoción e iso chéganos. O único que podemos facer é devolverlles o respecto que nos están brindando. Estamos a dar boas sensacións e vanse contentos a casa”.
-Vídeos : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia