ZAS CONTINÚA A SER A REFERENZA DO TENIS DE MESA GALEGO CO CAMPIONATO GALEGO DA PASADA SEMANA E O PROVINCIAL DESTA.

Un dos podios da cita en Zas.

Continua Zas como referencia do tenis de mesa galega, pois ainda ben non remataron os sons dos campionatos galegos do pasado fin de semana e xa se está a preparar o deste sábado co provincial. Obviamente con bastante menos participación pero non por elo menos importante para os/as participantes.
.
En canto aos campionatos galegos, foi moito o bulicio do primeiro día coas categorías prebenxamín e infantil, sobre todo dos mais pequenos donde se notaba o nerviosismo e as inquedanzas de cada un deles. E, tamén dos seus acompañantes que entre tod@s encheron o pavillón de Zas e logo a hora da comida os locais hosteleiros do concello. Logo o domingo notouse menos ruido pois os alevíns e sub23 están mais acostumados a este tipo de competición.
.
En canto aos resultados, salientar só os da comarca.
.
En discapacitados: 3º posto de Nicolas Paz de VTM Vimianzo
.
En Prebenxamín: 2º posto da parella de AD Zas formada por Jairo Suarez e Oscar Raña
.
En Infantil femenino: 3º posto de Laura García de  Vimianzo TM
.
En Sub 23 masculino: 3º posto de Brais García de Zas, está no club Oroso TM
.
En dobres femeninos Sub 23 : 3º posto das Irmáns Ana e Laura García  de Zas (equipos Illas Cies e Vimianzo TM). O resto de resultados e os particulares de cada un podese ver na páxina web  da fgtm
.
.
Agradecer dende aquí o apoio do Concello de Zas que foi total e en todo momento, proporcionando auga e froita os dous días e cuns trofeos que recibiron as alabanzas de tod@s  polo diseño e o material.
.
.
Campionato Provincial este sábado
Como decía ao principio, para este sábado 14 mais tenis de mesa en Zas cos escolares donde se intentará que formen unha verdaderira familia do tenis de mesa. Tod@s  confraternizaran nunha comida conxunta nun restaurante da localidade. Viran participantes de Narón, Coruña, Noia, Outes, Santiago, Cee, Ames, Camariñas e por suposto de Zas.
.
.
-Foto : Manuel Carrasco
-Texto : Stevo Zas