YEREMAY ELIXIDO POLA AFE COMO O MELLOR XOGADOR DA PASADA CAMPAÑA NA 2ª DIVISIÓN.

 

Yeremay Hernández, o talento canario que brilla con luz propia no Dépor

A Asociación de Futbolistas Españoles (AFE) nomeou a Yeremay Hernández como o mellor xogador da pasada tempada en Segunda División. O futbolista canario, nacido o 10 de decembro de 2002 en Las Palmas de Gran Canaria, asinou unha campaña excepcional coa camiseta do Depor, consolidándose como unha das grandes revelacións do fútbol profesional español.

Yeremay chegou ao club herculino en idade de cadete de primeiro ano, e desde entón foi queimando etapas nas categorías inferiores ata converterse nun dos referentes do primeiro equipo. O pasado curso, o extremo disputou 39 encontros, 35 deles como titular, nos que marcou 15 goles e repartiu 5 asistencias, cifras que reflicten o seu peso determinante no ataque deportivista.

A súa explosión non pasou desapercibida nin para a AFE nin para a afección branquiazul. Ademais do recoñecemento nacional, Yeremay foi tamén distinguido pola Federación de Peñas Deportivistas co premio ao mellor xogador da tempada 2024-25. Este galardón concédese tras unha votación semanal en cada partido, na que as distintas peñas elixen aos 3 futbolista máis destacado, con 3, 2 e 1 punto, sumando puntos ata o final do curso.

Na presente campaña, o canario mantén o nivel e suma xa 4 goles e 2 asistencias nos 12 primeiros partidos, demostrando que o seu rendemento non é flor dun día. O seu último pase de gol en Zaragoza foi unha das accións máis brillantes do que vai de curso e reafirma o seu crecemento constante.

Entrega do premio

A entrega oficial dos premios da AFE terá lugar o vindeiro luns 10 de novembro, ás 18:00 horas, na “Plaza de Toros de Las Ventas”, en Madrid. Alí, Yeremay Hernández recibirá o merecido recoñecemento a unha tempada inesquecible, que confirma o seu nome entre os grandes talentos do fútbol español e xa está facendo camiño para repetir a vndeira tempada se o respetan as lesión, e o protexen os árbitros que ata o de agora están a permitir que sexa o obxeto da maioría das faltas que sufre o Depor.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”