YELCO RENOVA CO BERGANTIÑOS CF ONDE NON CONTINUIRÁ O ADESTRADOR DE BASE DAVID GONZÁLEZ.

 

Yelco Alafaya renovou un ano máis.

 

Continúan os movementos no Bergantiños CF que nos anuncia a renovación do xove Yelco Alfayya para a vindeira tpada, asimesmo o clube carballés anúncianos a baixa do adestrador de base e que rematou a tempada combinando a dirección do Xalla FC da Preferente Norte, David González, ao que lle desexan o mellor, e así nolo contan.

 

Yelco Alfaya renova co Bergantiños

Yelco Alfaya, cuarta renovación para o proxecto do Bergantiños 2020-21. O dianteiro, de 23 anos, afrontará a súa segunda tempada en Carballo logo de participar en 20 dos 27 partidos disputados a pasada campaña, nos que anotou 5 goles. A calidade de Yelco non pasou inadvertida para o seleccionador galego Iván Cancela, que o convocou para participar na Copa das Rexións UEFA, o mesmo que a outros tres compañeiros de club, Aarón Rama, Iago López e Diego Fernández. Alfaya foi un dos destacados do combinado galego, que se proclamou campión. “Desde o primeiro momento que cheguei a Carballo sentín moi querido polo club”, afirmou o xogador tras a súa renovación, “así que a decisión foi fácil”. “Tanto Lemos como Iago transmitíronme a súa confianza e teño moitas ganas de continuar este proxecto. Son ambicioso e por iso, e pola calidade do persoal, creo que o obxectivo para a próxima tempada debe ser pelexar por estar arriba”.

 

David durante un encontro do xuvenil do equipo de Carballo.

 

David González non segue no clube bergantiñán

David González pecha ciclo no Bergan. Despois de dúas tempadas tempadas á fronte do Xuvenil A, é incuestionable o gran progreso do equipo, de técnicos e xogadores, que dirixiu: sempre cos mellores na competición e sempre a menos dun paso do ascenso. O club agradécelle a entrega, profesionalidade e dedicación que demostrou desde o primeiro ao último adestramento; e máis os rapaces, que son mellores futbolistas e mellores persoas desde o seu paso por As Eiroas. “No que veña, David, desexámosche todos os éxitos”, acaban decíndonos dende o Bergantiños CF para agradecer o feito polo adestrador de base, que esta tempada tamén dirixeu o Xallas FC.

 

-Foto e Texto : Bergantiños CF/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies