XUVENÍS DA COTSA, (10ª Xda) : “SONEIRA E SOFÁN AGUANTAN FORTES ARRIBA”.

 

Tiñan rivais complicados os da parte de arriba contra equipos que buscan engancharse a loita por todo e tan só dos que formaban o podio o Outes CF non acadou a vitoria, e quizais, sobre o papel, eran os que tiñan o rival menos forte, pero que inclinou a balanza o seu favor por mor de ser un “derbi” de proximidade. Os esteiráns daban a sorpesa e acadaban o empate en feudo outés, (1-1) cunha igualada que se xestou no derradeiro treito do encontro, pois poñíanse por diante no minuto 81 os da Serra e tralo saque de centro igualaban os esteiráns. Os outeses caen o terceiro chanzo pero con 2 encontros menos cos dous de arriba.

O lider, SD Soneira tiña o rival máis complicado, pois visitaba ao Cabana SD que se podía poñer de cheo na loita popr todo, pero a capacidade goleadora dos vimianceses foi inapelable e Sergio a media hora de xogo deixaba encarrilado o choque con un par de goles. A volta de vestiarios Esteban facía o 0-3 que xa se lle poñía moi costa abaixo os cabaneses reaccionar, e menos xa co gol de “Fran-Chute”, que facía o 0-4 no 82. Castro poñía o “gol da honra” no desconto.

Tamén o SD Sofán acadaba a vitoria e consolida a segunda praza a un gol dos vimianceses. Os sofanistas derrotaban a un complicado ED Os Miúdos, (2-1), que buscaban tamén engancharse arriba e a piques estiveron de sacar polo menos un punto, pero escapouselles no desconto. Nacho facía de penalti o 1-0 para os sofansitas pasada a media hora de xogo, gol que non neutralizaban os muradáns ata o segundo tempo no que Alejandro poñía as táboas. Foi no desconto cando Raúl batía a Alberto Balay, (92´), para desfacer a igualada. 

Aproveitaron as derrotas de Cabana SD e ED Os Miúdos, o Xallas FC e o Sporting Zas para superalos na táboa e meterse de cheo na loita polos postos nobles. Os xalleiros derrotaban ao UC Cee no “San Paio de Refoxos”, (2-4) e os zacenses ao Sporting Seaia na “Pedra Queimada”, (1-3).

A goleada da xornada viña da man do Corme CF que batía ao SD Coristanco por 9-0, cun “hat-trick” de Miguel Martínez. Completaban a xesta : Javi Bermúdez, Hugo, Noel, (2) e Alejandro. Tamén facía un dos goles cormeláns Samuel en propia porta.

O colista Camariñas FC, a piques estivo de acadar o seu primeiro punto ante o SCD Malpica, que tiña controlado o choque con goles de Alejandro e Martín, ambos na primeira metade, pero que pasada a hora de xogo un tanto de Lucas complicaba o encontro e podía pasar de todo, pois ambas escadras acudiron a cita con tan só un recambio os malpicáns e con 2 os camariñáns.

RESULTADOS 

10ª XORNADA

Cee 2-4 Xallas

Camariñas 1-2 Malpica

Sofán 2-1 Miúdos

 Corme 9-0 Coristanco 

 Cabana 1-4 Soneira 

 Esteirana 1-1 Outes : ás 16:30 horas

 Seaia 1-3 Zas

Descansa :  Ponteceso

CLASIFICACIÓN

1º-SD Soneira : 22 puntos

2º-SD Sofán : 21*

3º-Outes CF : 18**

4º-Sporting Zas : 18

5º-Xallas CF : 17

6º-Cabana SD : 17

7º-ED Os Miúdos : 15*

8ª-Sporting Seaia CF : 15

9º-SD Ponteceso : 13

10º-UC Cee : 12

11º-Corme CF : 11

12º-SCDR Esteirana : 9

13º-SCD Malpica : 9

14º-SD Coristanco : 3

15º-Camariñas FC : 0*

 

*Un encontro máis

** Dous encontros menos

 

-Foto portada : Eduardo Cambón

-Texto : Xosé Búa “Pirata”-piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.