XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DO FISOBER FSF

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS FISOBER

O Fisober F.S.F. desenvolverá unhas xornadas de portas abertas de fútbol sala feminino e masculino co obxectivo de captar nenas e nenos interesados en pasar a formar parte dos diferentes equipos que ten o club costeiro.

A captación estará centrada en feminino para nenas alevíns e infantís é dicir nadas entre os anos 2006 e 2009, aínda que si algunha outra de maior ou menor idade quere probar tamén están as portas abertas.

No masculino o que se buscan son nenos infantís e cadetes é dicir nados entre o 2004 e 2007, xa que a intención do club e crear tanto un equipo infantil coma un cadete que compita a nivel federado, para darlle un pulo aos diferentes rapaces que se viñeron incorporando ao club nos últimos dous anos para competir na LCFSB.

Esta iniciativa consiste en abrir os adestramentos a todo aquel que desexe acudir. Deste xeito todas aquelas nenas e nenos que queiran probar se lles gusta a práctica do fútbol sala poderán acudir as I.D. de O Conco en Dumbría os vindeiros días xoves 27 de xuño e venres 28 de xuño de 17:00 a 18:30 horas.

O obxectivo destas xornadas de portas abertas , para as que non é necesario a inscrición previa , é o de captar nenas e nenos interesados en pasar a formar parte dos diferentes equipos que ten o Fisober.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es