XORNADA POSITIVA PARA AS CATEGORÍAS DE BASE MASCULINAS DO FISOBER FSF.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Boa fin de semana para as inferiores do Fisober que facían dobre viaxe a terras lucenses e acadaron dous triunfos nas moi difíciles competicións galegas.

Na Liga Galega Cadete Masculina no seu grupo Norte e dentro da 3ª xornada o Fisober visitaba ao ADC Piringalla no P.M. O Palomar de Lugo na tarde do sábado e acadaba o triunfo por dous goles a tres.

Polo Fisober formaron: Brais, Javi Lema, Leo, Álex, Iago ; tamén xogaron: Martín, Adan, Eloy Sambad.

Os goles dos costeiros foron obra de : Javi Lema, Martín, Álex.

Os colexiados foron Yago Seijas e Borja Darriba.

A vindeira semana o Fisober recibe ao Colegio Liceo nas I.D. de O Conco.

Na Liga Galega Infantil Masculina no seu grupo Norte A e dentro da 2ª xornada o Fisober visitaba ao Os Meigallos F.S. no P.M. Jose Mario González ( O Chanto, Sarria) na tarde do sábado e acadaba o triunfo por tres goles a seis.

Polo Fisober formaron: David, Adrián, Pablo Costa, Iago Insua, Pablo Taboada; tamén xogaron: Gabriel, Eloy Figueroa, Manu, Daniel.

Os goles costeiros foron obra de : Pablo Costa en tres ocasións, Daniel, Manu, Adrián.

Os colexiados foron : Álvaro Darriba e Rubén Vieito.

A vindeira semana o Fisober recibe ao Lugo Sala nas I.D. de O Conco.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies