Xornada negativa para os equipos da costa da Primeira Futgal G2 : “Dos cinco conxuntos da zona, só a Esteirana foi quen de sumar e foi no derbi”.

PRIMEIRA FUTGAL G2

25ª Xornada

Domingo 08/03/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

SCDR Esteirana 2-0 Camariñas FC

Praiña SP 5-0 SD Fisterra

SD Castriz 2-3 R. San Lorenzo

Vizoño SD 1-0 CF Muxía

As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.

CRÓNICAS

Xornada negativa para os equipos da costa no Grupo 2 da Primeira Futgal. Dos cinco conxuntos da zona, só a SCDR Esteirana foi quen de sumar os tres puntos, mentres que Camariñas, Castriz, Fisterra e Muxía caeron derrotados.

O triunfo dos esteiráns chegou ademais nun derbi costeiro ante o Camariñas, que deixa aos camariñáns nunha situación cada vez máis complicada na clasificación. A derrota do Castriz na casa ante o Racing San Lorenzo e a goleada encaixada polo Fisterra no campo do Praíña completaron unha mala xornada para os equipos da zona baixa.

Pola súa banda, o Muxía perdeu pola mínima no campo do Vizoño, nun encontro moi igualado no que aos muxiáns lles faltou acerto nos metros finais.

Con estes resultados, catro dos cinco últimos clasificados son equipos da costa, o que deixa a loita pola permanencia moi apertada neste treito final da tempada, na que haberá empuxón antre os propios equipos costeiros para evitar a caida a Liga da Costa, a cal se vería perxudicada polos arrastres que motivarían os nosos.


CRÓNICAS

SCDR Esteirana 2-0 Camariñas FC

Derbi costeiro con moito en xogo entre dous equipos necesitados de puntos. A Esteirana foi quen de levar o gato á auga cun triunfo que lle permite coller algo de aire na clasificación, (levaba 4 derrotas consecutivas),mentres que o Camariñas sofre unha derrota que o deixa perigosamente preto da zona vermella.

A primeira metade foi igualada e con moitas precaucións por parte dos dous conxuntos, conscientes do que había en xogo. Tras o descanso chegaron os goles dos locais.

No minuto 55 Ánxo abriu o marcador e puxo por diante aos esteiráns. O Camariñas tentouno e rozou o empate. Xa no tramo final, Pablo Val sentenciou o encontro no minuto 82 para deixar os tres puntos na casa.

Goles: 1-0, Ánxo, (55´); 2-0, Pablo Val, (82´).


Praiña Sporting 5-0 SD Fisterra

Dura derrota do Fisterra no campo do Praíña Sporting nun encontro que se decidiu completamente na segunda metade.

Tras unha primeira parte sen goles, os locais abriron o marcador no minuto 53 por medio de José Lozano. O propio Lozano ampliaría a vantaxe no 60 ao transformar un penalti.

A partir de aí o partido rompeuse completamente e o Praíña aproveitou para ampliar a goleada cos tantos de David Calvo, Manuel Soto e David Montes, deixando un contundente 5-0 no marcador final.

Goles: 1-0, José Lozano, (53´); 2-0, José Lozano (60´de penalti); 3-0, David Calvo, (71´); 4-0, Manuel Soto, (73´); 5-0, David Montes, (83´).


SD Castriz 2-3 R. San Lorenzo

Partido con moitos goles e alternativas no marcador no San Pedro de Castriz, no que o Racing San Lorenzo acabou levando os tres puntos.

Os visitantes golpearon primeiro con dous goles nos primeiros minutos. David Suárez marcou o 0-1 no minuto 9 e Loureiro ampliou a vantaxe no 27.

O Castriz reaccionou rápido e Fabio recurtou distancias no minuto 32 para manter vivo o encontro antes do descanso.

Xa na segunda metade, Jorge Rama anotou o terceiro dos visitantes no minuto 48. Cando o partido agonizaba, Fabio volvería marcar no minuto 93 para poñer o 2-3 definitivo, aínda que xa sen tempo para máis.

Goles: 0-1, David Suárez, (9´); 0-2, Loureiro, (27´); 1-2, Fabio, (32´); 1-3, Jorge Rama, (42´); 2-3, Fabio, (93´).


O Vizoño xa gañara na Arliña, (2-3).

Vizoño SD 1-0 CF Muxía

Derrota pola mínima do Muxía no campo do Vizoño nun encontro moi igualado no que os muxiáns tiveron moitas chegadas, pero sen lograr xerar verdadeiro perigo.

O único gol do encontro chegou no minuto 56 cando Jesús Ois aproveitou unha acción tras un saque de esquina para marcar o tanto que acabaría decidindo o partido.

O adestrador muxián Sergio “Pataca” explicaba así o que foi o encontro:

“Partido moi igualado no que nos custou moito xerar perigo. Tivemos moitas chegadas durante o partido, pero en case ningunha fomos capaces de crear ocasións claras. Nun desafortunado córner marcou o Vizoño de rebote e, a partir de aí, arriscamos máis. Iso provocou que o Vizoño tivese dúas ou tres ocasións claras, e nós foi un querer e non poder”.

Gol: 1-0, Jesús Ois, (56´).


Clasificación

1º CSD Arzúa : 47
2º SR Calo : 47
3º SD Cacheiras : 45
4º Club do Mar : 44
5º Bertamiráns FC : 43
6º CF Muxía : 43
7º Vizoño SD : 39
8º Rac San Lorenzo : 39
9º Praíña Sporting : 35
10º CCD Queixas : 34
11º Boimorto CF : 32
12º SD Tordoia : 32
13º Cire de Melide : 30
14º Camariñas FC : 27
15º SD Castriz : 26
16º UD Bastavales : 24
17º SD Fisterra : 18
18º SCDR Esteirana : 17

AXENDA PIRATA : con tódolos resultados e clasificacións de tódolas ligas con equipos da costa ou totalmente da costa en senior e veteranos, de homes e de mulleres. PREME AQUÍ

.

PRIMEIRA FUTGAL G2

26ª Xornada

Domingo 15/03/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

SCDR Esteirana SD Tordoia

SD Fisterra  Vizoño SD

SR Calo – SD Castriz, ás 17:00

CF Muxía Club do Mar, ás 17:00

Camariñas FC – CCD Queixas, ás 17:00

(Os horarios non son firmes)

.

.

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”