XORNADA DE FÚTBOL DO COMITÉ GALEGO DE ADESTRADORES ONLINE CO ADESTRADOR DA CANTEIRA DO BILBAO JOSEBA LERTXUNDI.

 

 

O Comité Galego de Adestradores organiza o martes 20 de outubro unha xornada formativa telemática con Joseba Lertxundi, analista da canteira do Athletic Club.

O Comité Galego de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol volve á carga. O colectivo que preside Iván Cancela organiza o próximo martes 20 de outubro outra xornada formativa telemática cuxo protagonista será Joseba Lertxundi, adestrador e analista da canteira do Athletic Club de Bilbao.

A xornada, baixo o título “El análisis de un equipo de fútbol desde el ámbito de la cantera”, é gratuíto para os colexiados ao Comité Galego de Adestradores e celebrarase de xeito telemático a través da plataforma Zoom a partir das 20 horas.

Inscricións

Todos os interesados/as en participar nesta xornada telemática que terá lugar o martes 20 de outubro a partir das 20 horas deberán formalizar a súa inscrición a través da seguinte ligazón: FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Esta actividade formativa está dirixida aos colexiados ao Comité Galego de Adestradores. Cómpre salientar que todos os colexiados poderán beneficiarse de todos os convenios que se poden consultar na páxina web, dos novos acordos que rubricará en próximas datas e das xornadas formativas que están programadas para esta tempada.

-Foto e Texto : Comité Galego de Adestradores.