XORNADA DE ADESTRADORES EN VIMIANZO CON FERNANDO VÁZQUEZ E ALBERT GIL ESTE LUNS 27 DE XANEIRO.

 

Dende o Comité Galego de Adestradores infórmannos que organizan para este vindeiro luns 27 de Xaneiro unha xornada de balde de formaciòn para adestradores en Vimianzo. Tal e como nos apunta o presidente do Comité Galego de Adestradores, Iván Cancela, esta xornada é : “Para poñer a nosa pequena colaboraciòn no Fútbol da Costa, que tantas paixòn levanta en todos nós. Sería un pracer e importante para o fútbol costeiro contar coa presencia dos adestradores costeiros”.

O acto terá lugar na Casa da Cultura de Vimianzo a partires das 20:00 horas e nél estarán departindo, o adestrador do RC Deportivo, Fernando Vázquez, o Director de Alto rendemento da canteira do RC Deportivo, Albert Gil, e o presidente do clube branquiazul, Fernando Vidal. A entrada será por inscrición, e de balde ata completar aforo e será para maiores de 16 anos.

 

Formulario para inscricións : https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSerLy-bWc6iz2qtV5eyDZtgZRLMyu7Jfy4U4GpsAWtRyyx7Fg/viewform

-Foto : RFGF
-Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies