Competición con altibaixos da expedición do CDM Piragüismo Dumbría na Copa de
España de Slalom celebrada en Pau este pasado fin de semán.
Aínda que non houbo resultados moi destacables, e despois dunha xornada de sábado
bastante mala, o domingo a cousa rodou bastante mellor para os deportistas costeiros,
logrando baixadas de bastánte mérito unha vez que xa se notaban máis adaptados á
navegación na canle artificial, aínda que sen ter opción de colarse nas finais xa que estas
estaban copadas polos deportistas que loitaban polos postos que daban plazas para
formar parte da equipa nacional, co que ninguén se gardaba nada o ser estas probas en
vísperas de ano olímpico co que iso implica.
Por outro lado mellor foron as cousas na Copa de España de Slalom Cross, onde Marco
Oreiro logrou entrar nas rondas finais, e Minchí Cundíns apunto estivo de logralo,
quedando fora por centésimas. Nesta nova categoría olímpica o clube dumbries logrou
clasificarse coma oitavo de España.
A representación dumbriesa estaba formada por Marco Oreiro e Marcos Sanchez na
categoría senior, e Brais Sanchez, Martín Romar, Minchí Cundíns e Xián Caamaño na
categoría xuvenil.
Por outra parte, Dumbría será sede da proba inaugural da Copa de España de Promesas
de Slalom, que terá lugar no Campo de Slalom de o Couquiño os días 12, 13 e 14 de
maio, e onde se darán cita os mellores depostistas de toda España e Portugal das
categorías infantil e cadete, co que xa se poderá ver slalom de muita calidade en augas
do río Xallas.
–Foto e Texto : CDM Piragüismo Dumbría