Van 4 xornadas de liga e primeiro foi Yeremay o que foi lesionado coa permesividade do colexiado, no mesmo encontro ante o Lugo, Lucas por responder cunha “patadita” a un cobadazo dun xogador lucense metéronlle dous encontros de sanción, a pesares de non ser agresión e de que na sua longa carreira futbolística nunca foi expulsado, logo foi Barbero que sufreu unha grave lesión de menisco o pasado sábado ante Unionistas. Nese mesmo encontro a Mella partíronlle os osos propios do naríz, e agora chega outra mala nova dese mesmo encontro, Ximo Navarro que foi sustituido por Paris Adot no minuto 59, resulta que sofre unha lesión muscular no bíceps femoral da súa perna esquerda, polo que será outra nova baixa para recibir o Cornellá o vindeiro sábado a partires das 20:00 horas, (18:00 GMT), en Riazor.
A este paso antre lesións fortuitas e permitidas polos colexiados o non cortar o xogo violento para parar os deportivistas vai a ter razón o adestrador Imanol Idiakez de que : “como sigamos así imos chegar a Decembro sen xogadores”.
Parte Médico do RC Deportivo
Ximo Navarro foi sometido a probas médicas complementarias para comprobar o alcance exacto das molestias coas que acabou o partido do pasado sábado en Unionistas.
Os Servizos Médicos do RC Deportivo confirmaron unha lesión muscular no bíceps femoral da súa perna esquerda.
O defensor branquiazul estará uns días con tratamento médico e fisioterapia. En función da súa evolución, pasará a continuación á fase de reaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.
-Foto : RC Deportio
-Texto : Xosé Búa “Pirata”