XIMO NAVARRO FICHADO POLO RC DEPORTIVO SEGUNDO VARIOS MEDIOS.

Ximo Navarro coincideu con Lucas no Alavés.

 

O lateral dereito granadino, Ximo Navarro, (Guadahortuna-Granada 20/01/1990), que tamén ten xogado de central, será nas próximas horas confirmado polo RC Deportivo, segundo afirman varios medios. O Diario As apunta a que xa firmou por unha tempada con opción a outra segundo o número de encontros que xogue.

Xogador de primeiro nivel que sau da canteira do Real Mallorca e que pasou por equipos coma o Recreativo de Huelva, Córdoba, Mallorca, Las Palmas, Deportivo Alavés, (no que coincideu con Lucas), e chega da Primeira Holandesa, (Eredivise),  no que xogoi a pasada tempada 16 encontros co Fortuna Sitard. Foi internacional ca Selección española Sub 21 no 2010.

Ximo ven a cubrir a baixa deixada por Trilli e que tiña a Paris Adot como único no posto de lateral dereito, ainda que o rapáz fichado para o Fabril, Santaaría, chergado do filial do Atlético de Madrid, está a amosar boas maneiras, segundo destacan os xornalistas que levan o día a día do primeiro equipo, co que está a adestrar dende o inicio da pretempada.

Dous amigables esta semana

O Depor retoma na mañán deste luns os adestramentos e terá dous amigabbles, o primeiro mañán martes ante o Atlético Arteixo en Riazor a partires das 18:00 horas no Memorial Arsenio Iglesias, e con Scaloni como invitado especial, e o segundo o vindeiro sábado 5 de agosto (19:30 horas/17:30 GMT), os branquiazuis disputarán ante o Red Bull Bragantino, da Serie A ou máxima categoría brasileira, a LXXVIII edición do Trofeo Teresa Herrera, nunha homenaxe a Mauro Silva, Bebeto e Álex Bergantiños.

 

-Foto : Radio Valencia/Cadena Ser

-Texto : Xosé Búa “Pirata”