Vai un pouco de retranca sobre o absurdo
Non estamos no Entruido pero eso parece e imos darlle un pouco de retranca o conto : “O camiño que levan os árbitros valeríalle para unha entruidada a comparsa “Monte Alto a 100”, campións do “Antroido da Coruña 2026”. O vivido desde o minuto 44 do encontro Depor-Betis do pasado Domingo é un episodio máis do absurdo.
Ximo Navarrro xa veu fai un par de tempadas como o expulsaban, vía VAR nunha xogada na que no pico do área da banda da curva de General-Tribuna, tenta despexar o balón co pé en alto e sen velo chégalle un xogador contrario e impáctalle no ombreiro, e ca mala fortuna de que o propio Ximo lesionase das costas o caer.
Este pasado Domingo, Ximo, tivo a mala fortuna de ir disputar un balón a sua altura, e topouse co pé e cos tacos do xogador do Betis, Cucho, e tras pitar a falta e nin sacar cartón amarelo por xogo perigoso, o colexiado, (a que colexio iría), é chamado o VAR, pois estes viron o que había. Tras pasar pola pantalla na banda e pedir diferentes tomas, as que vimos todos en direto e nos marcadores de Riazor e puxémonos as mans a cabeza o ver o que había e a sorte de Ximo a non ter que sair en ambulancia, decideu que non había nada…nen para cartón amarelo por xogo perigoso, pero o peor foi chamar o xogador bético, que leva dous días e medio no noso fútbol, polo seu nome e a Ximo, toda unha vida aquí e chamarlle : “ese jugador”, (e ainda por enriba dicir que “metio la cabeza aí”). Xa me decía un día Fran nunha cea de peñas nos tempos do SuperDepor : “A min o que me fastidiaba dalgúns árbitros era que uns eran, Raul, Fernando, Martín, Roberto Carlos, etc…e a min decíanme : “número 10″, cando estaban cansados de coñecerme”.
O final voltando a retranca, (Sorna é unha aldea moi bonita de Muxía), o final a hora das sancións, (que non has houbo, nen vai a haber), vendo as palabras de Soto Grado e o que se escribe nas RRSS, (hai moitos aos que os árbores non lles deixan ver o sol), Ximo vai ser sancionado por xogo perigoso contra o pé do gran Cucho, (outra maneira de chamarlle o becerro en galego…polo de que non é “ese jugador”).
Bueno…esto é moi longo pero o papel da arbitraxe e do VAR está deixando moito que desexar en tódolos campos…É retranca, pero tamén é sorna.
Foto do AS do corte que sufreu Ximo Navarro trala sua agresión sobre o pé de Cucho.
–
-Foto : captura do encontro
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
–
