XALLAS FC PRIMEIRO FINALISTA DA “COPA DA COSTA INFANTIL” E PREVIA DO OUTRO ENCONTRO.

 

XALLAS FC XA É FINALISTA DA “COPA DA COSTA INFANTIL”

MAÑÁN SÁBADO SABEREMOS O OUTRO FINALISTA

Na tarde deste venres xogouse a volta da semifinal da “Copa da Costa Infantil” que enfrontaba ao Xallas FC e ao SD Fisterra. Os xalleiros xa traían unha ventaxe de 2-4 do encontro de ida, tal e como vos informamos na crónica o pasado luns. Non tivo tregua o equipo xalleiro co fisterrán e goleabao por 10-3 para dar o salto a final do vindeiro día 22 de Xuño. Mañán sábado xógase o outroencontro  da volta das semifinais, o que enfronta ao UC Cee e ao ED Os Miúdos. No encontro da ida o resultado foi de 1-1, nun encontro que empataban os muradáns no derradeiro suspiro e que ten as espadas en todo o alto para ver quen acompañará na final ao Xallas FC.

ENCONTROS

XALLAS FC 10-3 SD FISTERRA

Día : Venres 14/06/2019

Campo : San Pedro de Castríz, (Castríz-Santa Comba)

Árbitro : David Vázquez Lema

Resultado da ida : 2-4

Resultados en liga : SD Fisterra 2-5 Xallas FC; Xallas FC 6-0 SD Fisterra

Posto en liga : SD Fisterra  : 7º con 57; Xallas FC : 3º con 79.

Goles encontro de volta : 1-0, David, (5´); Luis, (17´); 2-1, Mauro, (23´); 3-1, Luis, (26´); 4-1, David, (37´); 5-1, Jesús, (43´); 6-1, David, (48´); 7-1, David, (52´); 8-1, Daniel, (57´); 9-1, Manuel, 10-1, David, (67´); 10-2, Juan, (71´); 10-3, Martín, (79´).

 

UC CEE-ED OS MIÚDOS

Día : Sábado 15/06/2019

Hora : 11:00 

Campo : San Paio de Refoxos

Árbitro : Manuel Espasandín Romar

Resultado da ida : 1-1

Resultados en liga : UC Cee 0-1 ED Os Miúdos; ED Os Miúdos 0-2 UC Cee

Posto en liga : UC Cee : 1º con 85 puntos; ED Os Miúdos : 6º con 59.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies