XALLAS FC E OUTES FC XOGAN ESTE SÁBADO EN MONTE LOURO A FINAL DA “COPA DA COSTA INFANTIL”.

O “Agra de Filgueira” escenario das finais de cadetes e infantís.

 

Xusto antes de que se xogue a final da “Copa da Costa Cadete”, (12:30 horas), terá lugar este vindeiro sábado 28 de Maio, no “Agra de Filgueira” de Monte Louro a final da “Copa da Costa Infantil”, que será ás 10:30 horas e enfrontará ao Xallas FC e o Outes FC.

Se na dos cadetes é unha animalada, tal e como nos protestan afeccionados do Muxía CF e UD Cerqueda, polo lonxe que lles queda, no caso dos infantís, a cousa está máis aceptable para uns e outros afeccionados de ambos equipos i non é disculpa que se fan as duas xuntas, pois hai campos extraordinarios, céntricos para os 4 equipos, ou facer unha un día e a outra o seguinte. Todo o ano os infantís xogan en xornada de sábado e os cadetes o Domingo.

Nen xalleiros nen outeses xogaron a previa de inicio desta copa, que tivo a 10 equipos en liza. Ambos entraron en Cuartos de Final.

O Xallas FC chega a esta final tras derrotar en Cuartos ao UD Cerqueda por 13-0 na ida, e empatar a ceros na volta, (0-0). En Semifinais o seu rival foi o SD Coristanco ao que venceron na Fontenla por un axustado 5-4, que auguraba un choque máis igualado do que foi, (0-4). 

O Outes CF desfíxose do EFB Concello de Carnota cun contundente 0-7 na ida e repetiron goleada cun claro 10-0 na volta. Xa en Semifinais, os outeses empataban 2-2 co UC Cee no “San Paio de Refoxos”, e na volta gañaban con solvencia por 7-4.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia