XALLAS FC E OUTES CF FINALISTAS POLO TÍTULO DE CAMPIÓN DA COSTA INFANTIL E NA PROCURA DUN POSTO NA PROMOCIÓN DE ASCENSO A LIGA GALEGA INFANTIL.

O Xallas infantil foi homenaxeado a pasada semana polo equipo senior.

 

Xallas FC 7-2 UC Cee

O Xallas recibía no “A Fontenla” ao UC Cee, ca arbitraxe de David Vázquez Lema, na procura dun posto na finalísima polo título de campión da costa de infantís e ademáis un sitio na promoción de ascenso a Liga Galega, tal como vos adiantábamos na fin de semana. Os xalleiros xa tiñan da ida unha suculenta ventaxe de 0-3, e aibda que os de Cee saían respondóns e adiantábanse por duas veces no marcador, primeiro aos 8 minutos de xogo por medio de Emilio, (8´), e tralo empate de Martín para os de Santa Comba, (19´), de novo era Emilio o que poñía por diante aos da Vila da Xunqueira, (43´), pero dende a hora de xogo os xalleiros foton un furacán e acabarían goleando con tantos de Saúl, (59´), Alberto, cun dobrete, (59´e 61´), e Ángel que facía un “Hat-trick·, (69´, 77´e 79´).

O rival na final a dobre encontro será o Outes CF, que tal como vos informábamos o pasado sábado derrotaba por 4-0 ao EMF Vimianzo, con goles de Fabián, cun triplete, o primeiro de penalti, (28´, 50´, e 57´), e un de Hugo, (72´). Os outeses xa gañaran na ida por 1-3.

 

-Foto : Captura de pantalla Xallas FC

-Texto : piratasdemuxia