XALLAS E CEE LEVANTARON AS COPAS DA COSTA DE F8 BASE DISPUTADAS EN CAMARIÑAS.

Como xa vos adiantamos na previa e na “AXENDA PIRATA” este pasado Domingo xogábanse no “Vicente Carril” de Camariñas as fases finais das Copas da Costa de Fútbol 8 nas categorías de prebenxamín, benxamín e alevín, así como a final da Copa Delegación en esta derradeira categoría.

As semifinais foron en moitos casos moi reñidas e ou se dirimiron pola mínima ou tivo que irse a dura tanda de penaltis, en especial nestas edades. O gran trunfador da xornada que atraeu a centos de afeccionados e xogadores o campo camariñán que gozou dunha excelente orgañización, foi o Xallas que se levou 3 das copas, a da costa en benxamíns e alevíns e repiteu ca Copa Subdelegación da costa en alevíns. Nos prebenxamíns os que se alzaban co título eran os rapaces do Cee.

Aquí tes os resultados das semifinais e como quedaron as finais.

PREBENXAMÍN

SEMIFINAIS

Cabana SD 0-0 UC Cee, (3-4 nos penaltis)

Fisterra 0-3 Miúdos

FINAL

UC Cee 2-1 ED Os Miúdos

BENXAMÍN

SEMIFINAIS

Xallas 1-1 Outes, (6-5 nos penaltis)

Sofán 4-1 Dumbría

FINAL

Sofán 1-1 Xallas, (3-4 nos penaltis)

ALEVÍN

SEMIFINAIS

Xallas 2-0 EFCC “Juan Cabrejo”

Dumbría 2-1 Miúdos

FINAL

Xallas 2-1 Dumbría

COPA SUBDELEGACIÓN DA COSTA

ALEVÍN

FINAL

Xallas B 2-0 Dumbría B

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : Xallas FC Eloy García