XA TEMOS AS SEMIFINAIS DA “COPA DA COSTA XUVENIL”.

 

Se o encontro xogado pola mañán foi de por si espectaculra, o primeiro da tarde, o considerado o “encontro da eliminatoria”, non foi menos. Pola mañán o Outes CF remontáballe un 5-2 da ida ao Cabana SD, para pasar acadando un axustado 6-2, nun choque no que se adiantaban os cabaneses e chegaban ao final da primeira metade os outeses cun 3-1, con dous goles consecutivos de penalti, (inexistentes para os cabaneses).

Fernando Mato, (adestrador do Cabana SD), deixanos unhas verbas de agradecemento o Outes CF polo comportamento, e recoñece o mérito dos seu xogadores a pesares de caer na Copa, pero polo garncampaña que fixeron co equipo xuvenil e senior : “Quero aclarar que no seu día tiven unhas palabras para o Outes que non lles gustaron, pero hoxe teño que decir que o comportamento do equio técnico con nós foi de “10” para arriba e dos xogadores do Outes que algún dos nosos rapaces nosos estaban tirados no céspede e eles foron a animalos. Por Iso “chapó”, para eles e só desexarlles que teñan sorte na seguinte eliminatoria. Parte dos nosos xuvenís esta tempada xogaron sábado e domingo e chegaron o final de tempada reventados, pero o obxetivo era ascender o equipo senior, e sen eles no no conseguiríamos, por iso que hoxe non teño nada que reclamarlles ,xa que non podíamos máis, de aí que o Outes, máis frescos empataba a eliminatoria e tiñan a sorte de marcar o sexto, que lles daba o pase”.

 

No encontro antre o campión de liga ED Os Miúdos e o subcampión Corme CF, que chegaba cun 4-1 favorable aos cormeláns, acababa con outra vitoria dos cormeláns, que remontaban antes do descanso o gol aos 6 minutos dos muradáns.

Nos outros dous encontros de volta de Cuartos o SCDR Esteirana chegaba cunha mínima ventaxe de 3-2 a Vimianzo e parecía que o encontro ía a ir polos memsos derroteiros, pois ao gol inicial dos vimianceses, contestaban co empate os esteiráns, que se ían ao descanso con 2-1. Xa na segunda metade foi máis eficaz o equipo da “Terra dos Moscoso”, que acababa goleando 4-1 para pasar o corte.

Para pechar a xornada o SD Sofán defende unha mínima ventaxe de 1-0 ante o Xallas FC, que xogaba na Fontenla, a pradeira inmensa do fútbol costeiro, en lugar de facelo no San Pedro de Castríz, feudo habitual dos xuvenís xalleiros. Non lle fixo mella aos rapaces sofanistas o “handicap” de xogar en herba natural, un medio no que xogaron dende pequenos e goleaban a domicilio aos Xalleiros por 0-3.

(O remate do encontro traerémosvos a crónica deste encontro que comezou ás 19:30 horas)

 

ENCONTROS

 

Outes CF 6-2 Cabana SD

Na ida : 5-2, para os cabaneses.

Goles : 0-1, Romero, (10´); 1-1, Kevin, (16´); 2-1, Lires del Río, (20´); 3-1, Lires del Río, (29), 3-2, Simón, (56´); 4-2, Lires del Río, (65´); 5-2, Álvaro, (71´); 6-2, Adrián, (77´).

 

Xallas FC 0-3 SD Sofán

Na ida : 1-0, para os sofanistas.

Goles : 0-1, Kevin, (5´); 0-2, Kevin, (35´); 0-3, Jonatan, (56´).

 

ED Os Miúdos 1-3 Corme CF

Na ida : 4-1, para os cormeláns

Goles : 1-0, Rubén, (6´); 1-1, Manu Tasende, (11´); 1-2, Manu Tasende, (38´); 1-3, Samu Costa, (69´).

 

SD Soneira 4-1 SCDR Esteirana

Na ida : 3-2, para os vimianceses.

Goles : 1-0, Damián, (11´); 1-1, Carlos Lestón, (21´); 2-1, “Fran-chute”, (25´); 3-1, Esteban, (51´); 4-1, Ángel, (87´).

 

SEMIFINAIS

Outes CF-SD Soneira

Corme CF-SD Sofán

Ida : 08/06

Volta : 15/06

 

En “Cadros de torneos” tes tódolos cadros de tódalas Copas da Costa dende Veteranos ata Fútbol 8