XA TEMOS AS SEMIFINAIS DA “COPA DA COSTA INFANTIL”

 

Disputados os 4 encontros da volta de Cuartos de final da “Copa da Costa Infantil”, xa temos as semifinais que se xogarán o vindeiro 9 de Xuño a ida e 15 do mesmo mes a volta. En dous dos encontros non houbo sorpresas e tanto o Xallas FC coma o UC Cee voltaron a golear.

Os ceenses facíanlle un 0-3 ao Cabana SD, (na ida 3-1), con goles de Sergio, (32´e 41´) e un de Adrián, (55´).

O ED Os Miúdos goleaba ao Corme CF, (4-0), tralo 1-1 da ida. Hugo, (5´), Iván, (6´) e Fernando, (18´) deixaban a eliminatoria resolta nos primeiros compases do encontro. Completaba a goleada na segunda metade, Sergio, (45´).

O Xallas FC goleou a domicilio ao SCR Esteirana. Xa tiñan os xalleiros encarrilada a eliminatoria da ida co 3-0 que tiñan a favor, pero desta volta e nunha estupenda segunda metade dos xalleiros goleaban a domicilio aos esteiráns, que marcaban o primeiro dos do interior en propia porta, cun tanto de Víctor, (24´). Xa na segunda metade Manuel Vieito facía o segundo, (41´) e Manuel Mata o terceiro, (50´). Completaba a goleada, Jesús, (66´).

Muxía CF e SD Fisterra mativeron a eliminatoria empatada ata o derradeiro treito do encontro. Manuel polo Muxía CF, que facía 2 goles de falta e Mauro polo SD Fisterra que facía dous para os fisterráns, (o primeiro e o da vitoria), foron as “estrelas do encontro”. Manuel igualaba o 0-2 dos fisterráns, (Guille e Mauro), cos seus dous tantos, e Mauro nun erro da zaga muxiana facía o 2-3. Pouco despois os muxiáns pedían penalti por unhas craras mans no área, pero o colexiado non as veu. Puido chegar o empate ou o cuarto fisterráns en varias xogadas ata o pitido final.

 

SEMIFINAIS

ED Os Miúdos-UC Cee

SD Fisterra-Xallas

Ida : 08/06

Volta : 15/06

 

“En : “Cadros de torneos” tes tódolos cadros de tódalas Copas da Costa dende Veteranos ata Fútbol 8.

 

ESCOLMA DE FOTOS

Permanecede atentos que colgaremos unha escolma de fotos do Muxía CF-SD Fisterra.

 

 

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies