XA SOMOS MÁIS DE 19.000 SOCIOS RENOVADOS A 20 DÍAS DO COMEZO DA LIGA.

Os deportivistas respondemos sempre.

 

O deportivismo non entende de categorías, e supera todo o establecido. No día de hoxe pasadas ás 21:00 horas o clube comunicaba que xa somos 19.038 socios os que contamos co carnet da 2023/24. Unha cifra moi por enriba da pasada tempada a estas alturas. Ainda que non sabemos a cifra exacta sabemos que a tal hora somos arredor de 3000 renovacións máis ca no curso pasado por este tempo.

Todo apunta a que se superarán os 20.000 en breve, quizais mañán mesmo ou pasado, pois está indo a cousa a un promedio global de 1000 por día e iso que ainda non comezaron as novas altas e que hai cola para as citas previas de renovación presencial. Que ninguén queira explicalo…ser deportivista é algo que se leva moi dentro e o mellor e que a chavalada segue a sumarse como se fósemos un clube dos da parte alta da Primeira División, a pesares de estar na terceira.

 

PRETEMPADA DO EQUIPO

Memorial Arsenio Iglesias, Deportivo 6 (Lucas -2-, Barbero -2-, Yeremay e Tim) – Atlético Arteixo 0
 LXXVIII Trofeo Teresa Herrera, Deportivo 4 (Barbero -2-, Davo y José Ángel) – Red Bull Bragantino 0
Martes 8 de agosto (19:30 horas), Coruxo FC – Deportivo, en O Vao (Coruxo, Vigo)
Xoves 10 de agosto (19:30), SD Compostela – Deportivo, no campo da Alta (A Pobra do Caramiñal)
Martes 15 de agosto (19:30), SD Ponferradina – Deportivo, no Toralín (Ponferrada).

-Tódolos encontros podes velos en direto ou en diferido na canle de YouTube do RC Deportivo

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”