XA HAI HORARIOS PARA OS ENCONTROS DA 3ª E 4ª XORNADA DO DEPOR E MAÑÁN SABERASE O CALENDARIO DA YOUTH LEAGUE PARA OS XUVENÍS.

 

Estes sin os partidos confirmados do Dépor para as vindeiras 3 xornadas:

Xornada 2: domingo 5 de setembro, 17:00 h. Cidade de Tudela (Footters), CD Tudelano-Dépor

Xornada 3: sábado 11 de setembro, 17:00 h. A Planilla (Footters), CD Calahorra-Dépor

Xornada 4: sábado 18 de setembro, 19:00 h. Estadio de Riazor (Footters), Dépor-CD Badajoz.

Mañán martes sorteo da UEFA Youth League

O sorteo da UEFA Youth League para o Xuvenil A, na Ruta dos Campións Nacionais, terá lugar mañá martes 31 de agosto a partir das 14:00 horas en Nyon (Suíza).

Os equipos participantes nesta ruta, a outra é a dos clubs que xogan a UEFA Champions League sénior, terán que disputar dúas eliminatorias.

A primeira rolda, con 16 emparellamentos, xogarase o 29 de setembro (ida) e o 20 de outubro (volta). A segunda rolda, con 8 eliminatorias, xogarase o 3 e 24 de novembro.

O Comité de Competicións da UEFA dividiu aos 32 equipos en catro bombos de oito equipos cada un segundo criterios xeográficos. O sorteo será puro e a orde de extracción das bólas ditaminará a orde de partidos. A continuación, sobre as 14:20 horas, procederase a sortear a segunda eliminatoria baixo o mesmo sistema.

O rival do Xuvenil A nesta primeira eliminatoria e o dunha hipotética segunda eliminatoria sairá de entre estes equipos, encadrados no Grupo 1:

-AC Sparta Praga (República Checa)
-PAOK Salónica FC (Grecia)
-HNK Hajduk Split (Croacia)
-MKS Pogoń Szczecin (Polonia)
-MŠK Žilina (Eslovaquia)
-MTK Budapest (Hungría)
-KF Shkëndija Tetovo (Macedonia do Norte).

-Texto : piratasdemuxia/rcdeportivo.es

-Foto : rcdeportivo.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies