XA HAI HORARIOS PARA AS DUAS PRIMEIRAS XORNADAS : O DEPOR-VIGO B O DOMINGO 29 DE AGOSTO ÁS 21:30 HORAS…(LISTA DE CONVOCADOS PARA O ARENTEIRO-DEPOR).

 

A RFEF deu os horarios da primeira e segunda xornada de liga da 1ª RFEF. O Depor recibe aoVigo B o vindeiro Domingo 29 de Agosto a partires das 21:30 horas no Estadio de Riazor.

No que se refire a 2ª xornada o noso equipo visita ao CD Tudelano o Domingo 5 de Setembro a partires das 17:00 horas, no Estadio Cidade de Tudela.

Ambos encontros televisados por Footters, plataforma que se fixo cos dereitos de televisión desta categoría por preto de 10 millóns de euros, e durante 3 anos.

Pra os deportivistas que o ano pasado contrataron con esta plataforma para ver o Depor, teñen unha oferta de 50 euros para toda a tempada. A plataforma televisiva deixou caer que teñen acordos ca TVG e TV3, polo que de seguro haberá encontros da casa pola Galega, non sabemos se todos, coma o ano pasado. Polo de pronto este primeiro encontro en Riazor, será pola Televisión de Galicia na sua segunda canle. Tamén informaron de que haberá un encontro de cada grupo, dos dous que compoñen esta categoría, os venres.

 

Só 15 xogadores convocados para o Arenteiro-Depor

O feito de que mañán se xogue outro amigable, neste caso ante o Pontevedra, (ambos televisados pola canle de YouTube do RC Deportivo dende ás 19:00 horas), fai que Borja Jiménez convocase a 15 xogadores para este encontro. De seguro o resto, máis os de menos minutos de hoxe, xogarán mañán.

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia