XA HAI DATA E HORA PARA O DEPOR-UNIONISTAS DE SALAMANCA.

O Depor derrotou ao Unionistas na primeira volta cun gol no mimuto 1.

 

Son dous os encontros que xogará seguidos o Depor en Riazor, tras duas xornadas lonxe do nosos feudo. O primeiro será o vindeiro Domingo 24 de Xaneiro a partires das 17:00 horas, (16:00 GMT), co SD Compostela como rival, televisado pola TVG2.

O segundo encontro consecutivo será o da 12ª xornada, que traerá a Riazor ao Unionistas de Salamanca, actual lider da competición a 5 puntos dos deportivistas. O duelo será o Domingo 31 de Xaneiro a partires das 19:00 horas, (18:00 GMT), cas cámaras da TVG2 en direto.

Falla saber se haberá nas bancadas de Riazor os 1.000 siareiros, dos derradeiros encontros, ou máis, ou ningún. Ante o Vigo “B” e o Alavés, houbo un milleiro, pero a tenor da subida en contaxios por COVID-19 en Galicia, rescoldo das festas navideñas, ainda non se sabe canto aforo se permitirá. No día de onte no Helmántico no encontro que enfrotou o Salamanca UDS e o Depor houbo nas bancadas preto de 2000 siareiros.

Dous choques por diante claves para rectificar o rumbo, e comezar a amosar se en realidade somos superiores a alguén. No día de onte o equipo tivo unha leve melloría no primeiro cuarto de hora de encontro, pero desapareceu coma o terreo de xogo, que acabou sendo unha horta na que parecía que andiveran a fozar os xabaríns.

 

Co empate do Helmántico caemos a 3ª posición, desaproveitando ante o colista o empate do sábado do Unionistas en Compostela, (0-0), fomos superados polo Zamora CF, e poderían superarnos Vigo “B” e Pontevedra CF se gañan o encontro que teñen aprazado, o que fai máis importantes os dou choques da casa.

 

CLASIFICACIÓN

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto e clasificación : piratasdemuxia