XA HAI CALENDARIO : O DEPOR COMEZA ANTE O C.VIGO “B” E REMATA ANTE UNIONISTAS, AMBOS EN RIAZOR.

 

A Real Federación Española de Fútbol tal e como vos anunciamos fai uns días, realizou esta mañá o sorteo do calendario do grupo no que milita o Depor na 1ª RFEF.

O conxunto deportivista arranca a liga o próximo 28 ou 29 de agosto no Estadio de Riazor ante o C.Vigo “B” e remata a competición tamén na casa recibindo o Unionistas de Salamanca CF o 29 de maio de 2022. O outro duelo contra un rival galego, que enfrontará os deportivistas ao Ferrol, será no “Municipal da Malata” o 5 de Nadal, na xornada 15ª, o encointro da 2ª volta será o 6 de Marzal, na 26ª, tres xornadas despois, (29ª), os de Borja Jiménez visitaran “Barreiros”, para enfrontar o C.Vigo “B”, o 27 de Marzal.

A primeira saída do Deportivo será o 5 de setembro, con motivo da 2ª xornada, visitando o CD Tudelano SAD. A terceira tamén será lonxe do noso feudo, concretamente o 12 de setembro en Calahorra, para na 4ª xornada o 19 de Setembro recibir en Riazor a un dos favoritos o ascenso, o CD Badajóz, (o que o ano pasado sinalaban como “la iña de mis ojos”, da RFEF).

A competición xogarase sen descanso cada fin de semana até o 19 de decembro, que terá lugar a última xornada (número 17) do ano 2021; na que o Dépor visitará á CyD Leonesa SAD.

Tralo parón do Nadal, a liga retómase o 9 de xaneiro de 2022 en ABANCA-RIAZOR ante o CF Talavera de la Reina. Non haberá liga o 16 de xaneiro pola disputa da Supercopa de España e tan só haberá unha xornada intersemanal, a do mércores 26 de xaneiro, coa visita ao Zamora CF.

A competición finaliza o 29 de maio co citado encontro ante o Unionistas de Salamanca CF despois de 38 xornadas e xa no mes de xuño xogaranse os playoff de ascenso a Segunda División.

 

Amigables de pretempada

RC Villalbés – RC Deportivo, sábado 24 de xullo, 19:00 h. A Magdalena.
Viveiro CF – RC Deportivo, sábado 31 de xullo, 19:00 h. Cantarrana.
Bergantiños FC – RC Deportivo, mércores 4 de agosto, 19:00 h. As Eiroas.

*Real Madrid Castilla-Depor, Domingo 15 de Agosto.

*Este encontro ainda non o confirmou o RC Deportivo, pero sí o ten anunciado o Real Madrid.

Mañán mércores o calendario da Reto Iberdrola

Mañán mércores 21 de xullo, ao concluír o sorteo do calendario da Primera Iberdrola, a data na que se fará público o calendario de Reto Iberdrola ou Segunda División RFEF, competición na que participará o Deportivo ABANCA.

O Deportivo ABANCA comezará a temporada a fin de semana do 4 e 5 de setembro. O último partido de 2021 será a fin de semana do 11 e 12 de decembro. Após o parón do Nadal, a competición retomarase o 8 ou 9 de xaneiro de 2022. A liga concluirá a última fin de semana de maio e quedará o mes de xuño para os playoff.

Apunta a Real Federación Española que de cara á temporada 2022-23 haberá unha nova reestruturación no fútbol feminino: a Primera Iberdrola terá unicamente 14 equipos (non os 16 que hai agora mesmo); e Reto Iberdrola quedará constituída nun só grupo de 16 equipos. Isto leva á creación dunha nova categoría, a Terceira RFEF, constituída por dous grupos de 16 equipos cada un.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies